try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Primaria

Primeiros Auxilios

O venres, 27 de outubro, unha voluntaria da Cruz Vermella impartiu un obradoiro de primeiros auxilios no centro. O alumnado de 5º e 6º de EP aprendeu a previr accidentes, identificando os perigos que pode haber dentro e fóra da casa, como actuar ante unha emerxencia: protexer, avisar e socorrer.

Durante a sesión,  practicaron  algunhas actuacións básicas de primeiros auxilios: atragantamentos, queimaduras e reanimación cardiopulmonar.

  

                                  O alumnado de 5º no obradoiro de  primeiros auxilios.

 

 

Alumnado de 5º EP e Proxecto E - Dixgal

O alumnado de 5º de EP traballará este ano por primeira vez con libros dixitais, dentro do proxecto E - Dixgal.

Este " entorno virtual de aprendizaxe" permitirá aos alumnos e alumnas desenvolver contidos dixitais.

O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline).

                Gustavo, Alex, Pablo, Miguel, Brais, Iris, Caudia, Coral, Luís, Héctor, David, Xoel, Denys, Sara, Raúl e Paula traballando na área de lingua castelá.

 

Remando no Miño

O xoves, 15 de xuño, o alumnado de 5º de Primaria desplazouse ata o Club Kayak Tudense para participar na Semana Azul , unha actividade de piragüismo en augas do Miño , organizada polo Club Kayak en colaboración co Concello de Tui e Verde Azul.

Unha mañá diferente, na que os alumnos e alumnas o pasaron en grande paleando nas piraguas ou refrescándose cun chapuzón ao remate do "exercicio físico".

 

Festa do patín

Alicia, Paula , Marta, Ana e Lucía participaron, como representantes do centro,  na " XX Festa do Día do Patín" que se celebrou no Pavillón das Travesas, en Vigo.

Cento vinte grupos, cun total de  2300 patinadores, mostraron as súas coreografías nunha xornada na que o patinaxe artístico foi o protagonista.

                                                          As " patinadoras " mostran os seus diplomas de participación.

Festa Voz Natura

O pasado sábado , 3 de xuño, miles de persoas reuníronse  en Culleredo para celebrar o 20 aniversario de Voz Natura. Desde as 11.00 ata as 19.30 horas, o parque de Acea de Ama foi un fervedoiro de xente con moitas ganas de festa.

O alumnado do centro que se desprazou ata Culleredo para  disfrutar desta xornada lúdica e deportiva,tivo a oportunidade de subir aos hinchables ou percorrer a pista americana.

    

 Outra das actividades que despertou o seu interese foi a realizada polo debuxante David Pintor.

    

                       Cristhian , Naiara , Natalia, Lucía e Alba conseguiron a súa caricatura.

 

 

O ilustrador Victor Rivas nos visita.

O debuxante Victor Rivas,ilustrador dos libros de Ledicia Costas: "Esmeraldina, la pequeña fantasma"  e "Escarlatina, la cocinera difunta", explicou ao alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria o proceso que segue ata chegar ao resultado final na elaboración dos seus debuxos.

A continuación respondeu ás preguntas plantexadas polo alumnado,  e por último adicou un tempo á firma de exemplares, nos que deixou estampada a súa pegada facendo o que mellor sabe , segundo as súas propias palabras,debuxar.

 

 

                                  Victor Rivas en varios momentos da charla.

Subcampeón de KUNG- FU

O alumno de 5º de EP, Martín Lima Gándara obtivo o subcampionato Provincial de Kung- Fu Escolar, celebrado o sábado 19 de maio en Vigo e organizado pola Federacion Galega de Kung- Fu  .

 

                                                                                          Martín "morde" a plata.

Así  mesmo,  o seu compañeiro de curso, Martín Pérez Alonso, practicou durante moito tempo a mesma disciplina , obtendo medalla na maioría das competicións nas que  participou.

 

            

                                                            Martín   e   Martín mostran os seus trofeos.

 

Visita Tui Medieval

O luns, 10 de abril, todo o alumnado de 5º e 6º desprazouse ata Tui para realizar un percorrido, seguindo o Camiño de Santiago , polas rúas de Tui Medieval.

En todo momento monitores de VERDEAZUL, empresa organizadora,  guiaron aos alumnos e alumnas na procura de pistas que lles permitían  chegar á meta , fixada en San Bartolomé de Rebordáns.

 

 

 

" Abrazo ao río " na Ponte Internacional por escolares de Valença e Tui

Con 131 pombas lanzadas ao aire, escolares galegos e portugueses celebraron o 131 aniversario da vella ponte que une Tui e Valença

Con 131 pombas lanzadas ao aire escolares galegos e portugueses celebraron o 131 aniversario da vella ponte que une Tui e Valença. Tamén participaron nunha aperta simbólica sobre o Miño e fixeron unha homenaxe á auga, que nun principio separou os dous países e agora os une. En dúas quendas liberáronse as 131 pombas sobre o Miño. Cada unha delas simboliza un ano dos que pasaron desque se abriu a ponte. No acto de irmandade os cativos de ambas beiras do río déronse unha aperta, cantaron dúas cancións e fixeron unha homenaxe á auga, con pequenas pingas de papel. No acto celebrado este mediodía participou un milleiro de nenos: oitocentos galegos e douscentos portugueses.

TVG: Publicado o 30/03/2017 15:25

Entroidobot co alumnado de 5º

Marta,Lucía, Aroa, Maxsym e Lois prepararon o "Entroidobot".Coa axuda de "Escorni", un dos catro escornabots do centro, ensinaron aos seus compañeiros e compañeiras  onde se celebraban os Entroidos máis típicos e coñecidos de Galicia.

O reto parecía fácil,  dirixir a Escorni ata o lugar onde se celebraba o Entroido típico, pero non todos o conseguiron.

 

 

Distribuir contido