try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Primaria

Atletismo na Macoca

O martes, 27 de marzo, o alumnado de 5º se desprazou ata a pista da Macoca para participar nunha xornada deportiva con outros centros da zona.

Lanzamento de peso, 500 m e carreiras por relevos foron algunhas das probas nas que participaron.

Unha mañá na que o deporte foi o eixo motivador.

 


                                              Diferentes momentos da xornada.


 

Magnetismo e Arte

O alumnado de 6º EP realizou unha práctica de laboratorio para observar os efectos dos campos magnéticos. 

Remataron a actividade, realizando inxeniosas "obras de arte" utilizando como material de debuxo as limaduras de ferro.

 

 

   

                  Cabalo                                      ´Árbore                                       Cabaliño de mar

 

 

 

O ebook na aula de 5º

Coa utilización do ebbok, a tinta electrónica chega á clase de 5º en forma de "Charlie e a fábrica de chocolate". A utilización destes dipositivos serve de nova motivación para o fomento do hábito lector, cun soporte máis acorde co uso das novas tecnoloxías.

Os alumnos e alumnas  mostran gran destreza no manexo dos novos ebooks, que alternan coa lectura da obra de Roald Dahl en formato papel.

 

          

 

                   

 

 

Lemos e comentamos na clase de 5º

 
 
Despois de rematar a lectura de " Charlie e a fábrica de chocolate" , os alumnos e alumnas de 5º expresan a  súa opinión sobre esta obra de Roald Dahl.
 

Dúas investigadoras do Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga imparten un obradoiro a todo o alumnado do centro.

Co obxectivo de acercar a ciencia aos máis pequenos, dúas investigadoras do Laboratorio Internacional  de Nanotecnoloxía de Braga, impartiron  no centro o obradoiro " MISIÓN NERD ".

Coa realización de sinxelos experimentos , de forma lúdica e participativa, explicaron ao alumnado diferentes procesos físicos e químicos.

Resaltando  o feito de ser " científicas e mulleres" animaron a todas as nenas do centro a ser o que elas queiran ser e non o que impoñan " estereotipos de xénero".

Grazas a Lorena e Sara por compartir con nós a súa pasión pola " ciencia".

 

                                             Momento no que Aarón ,alumno de 5º, participa na realización dun experimento.

 

 

O alumnado de 5º xa traballa cos novos equipos

Despois de esperar todo un trimestre, por fin chegaron os novos equipos. Estes  acompañarán  ao alumnado en toda a súa actividade educativa, tanto dentro como fora do centro, permitindo o  acceso a todos os recursos educativos dixitais .

   

 Os alumnos e alumnas de 5º traballan os contidos da área de Lingua Castelá  co libro dixital.

 

 

Visita do alumnado de Infantil

Para celebrar o Día da Paz , o alumnado de 5º de Primaria recibiu a visita de todo o alumnado de Educación Infantil.

 

            Miguel, Alex e Pablo explicaron aos máis pequenos do cole, o significado da palabra PAZ.

 

Muller e Nena na Ciencia

"Acercàndonos aos misterios do mar ", título da charla impartida por tres investigadoras do Instituto  Oceanográfico de Vigo  ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Con esta actividade celebramos o Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia,axudando a dar visibilidade ao traballo das científicas , creando roles femininos no ámbito da ciencia e promovendo prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.

    

                       María , Eva e Inma explicando o seu traballo como investigadoras .

   

 

Experimentando coa luz

O alumnado de 6º , como  práctica de laboratorio, experimentou coas propiedades da luz.

       

As imaxes mostran o espectro de colores producido por un CD , previamente manipulado polo alumnado, iluminado pola luz branca dunha lanterna.

 

 

 

Contos de Medo polo Samaín

                            

        Para celebrar o Samaín o  alumnado de 5º de Primaria realizou unha lectura en voz alta de fragmentos de " contos terroríficos".

Distribuir contido