Este curso os catorce alumnos e alumnas de 6º xa non cargan nas súas mochilas con seis pesados libros de texto , estes foron sustituídos por libros dixitais .
Para abrir o libro o alumnado so ten que coller o seu netbook , ferramenta que lle abre un montón de posibilidades: consulta, estudo, búsqueda de información, realización de actividades...
Outro dos elementos da aula abalar é o PDI ou encerado interactivo que permite manipular todas as aplicacións do ordenador , a tinta dixital actívase cun simple toque do marcador ou cos dedos para facer anotacións sobre imaxes, textos, presentacións ou vídeos.Ademais, o seu Software Interactivo SMART Notebook, permite a consulta de páxinas web e animacións.
O alumnado nunha clase da área de coñecemento do medio