Distribución de froita
ENTROIDAMOS EN 3 ANOS
O longo de esta semana de entroido realizamos diferentes actividades relacionadas con eixe vertebrador de este ano do noso cole.
En este resumo de imaxes mostramos diferentes actividades que fomos realizando. :
- Traballamos a importancia de incluir a froita na nosa dieta diaria elaborando MÀSCARAS SAUDABLES.
- Convertímonos en ENFERMEIR@S PEDIÀTRIC@S por un día , falando así da importancia destes profesionais no noso día a día.
- Elaboramos máscaras de coelliños utilizando MATERIAL RECICLADO
- PASÀMOLO XENIAL entroidando cos nosos disfraces o venres 12!!
SEMANA DA FROITA
Ao longo de estas dúas semanas no noso cole estase levando a cabo o reparto de foita e leite durante a merenda de recreo. Fomentar bos hábitos alimenticios repercute positivamente no benestar do noso organismo , de ahí a importancia que estos días lle estamosa dar a unha boa alimentacion rica en froitas e variada.
Na nosa aula de 3 anos aproveitamos o reparto de froita para traballar algunhas das froitas de inverno e conversar acerca das súas vitaminas .Aquí vos deixamos ademais unhas imaxes dos nosos traballos de motricidade fina con elas.
CATA DO QUEIXO en sexto de EP
O mércores 28 de febreiro veu Óscar a facer unha cata de queixo de denominación de orixe Arzúa-Ulloa a os rapaces e rapazas de 6º, co motivo da celebración da 43 Festa do Queixo na nosa vila.
XORNADA GASTRONÓMICA ITALIANA NO COMEDOR
TOCOULLES ESTA VEZ ORGANIZAR CON TAREIXA AS COCIÑEIRAS , OUTRO DÍA DE XORNADAS GASTRONÓMICAS, A DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DE ITALIA, . Buscamos música típica para poñer mentras xantamos.
NATUREZA, CREATIVIDADE, DIVERSIÓN E FROITA
Para inculcar nos/as máis cativos/as valores como a ecoloxía e o respecto pola natureza e todos os seus seres, é indubidable que se precisa da actuación das familias. Por iso na aula de 4 anos do noso cole propuxémoslles aos pais e as nais que elaborasen cos/as pequenos/as "debuxos" con froita na merenda e logo lle mandases fotos á titora. Todos e todas escolleron o tema da primavera, a natureza ou os animais para as súas "obras". A participación foi estupenda e os resultados inmellorables.
Ollade que creacións tan orixinais!
MARISQUEANDO POR NOIA!
Eran as 9: 00 da mañan do dia 15 de marzo de 2017... e ali , na porta do cole estabamos preparados os peques de 4 e 5 anos coas nosas mochilas e as nosas botas de goma para irnos a marisquear e a coñecer moreas de cousas sobre as ameixas e berberechos, técnicas e aparellos pesqueiros e sobre todo a importancia dunha boa alimentación !
E ALÁ MARCHAMOS RUMBO NOIAAAA!!
XORNADA GASTRONÓMICA INGLESA NO COMEDOR
CATA DO QUEIXO 2017
Co motivo da 42 Festa do Queixo, o consello Regulador da denominación de Orixe Arzúa Ulloa ofreceunos unha cata de queixo para os nenos e nenas de 6º, como xa é tradición no CEIP DE ARZÚA...
Queixeamos a gusto con Óscar que nos explicou todo o referente ao queixo dunha maneira amena e entretida !!!!