3º Curso

COMO UNHA NENA_VÍDEO COLABORATIVO EN 3º NIVEL

 

Partindo do #COMOUNHANENA queremos elaborar un vídeo para esta data, co motivo do Día Internacional en contra da violencia de xénero, un planning de traballo como tarefa familiar:

 

 

Investigamos diferentes  expresións sexistas e logramos  percatarnos de que o sexismo está e forma parte das nosas vidas en pleno século XXI. Temos un único obxectivo na nosa clase, erradicalo de maneira definitiva.

Despois de horas  e horas de traballo do equipo do 3º nivel, eu só me adiquei a darlle a forma de película que logo utilizaremos para facer un debate, a ver que sae de aqui!!!!

Pero que saibades que cando empezamos a darlle forma a esta idea, os nenos e nenas  de 3º non dubidaron , en ningún momento, de que somos iguais, que non hai diferenza entre sexos e que temos que estar xuntos e xuntas para erradicar dunha maneira definitiva o machismo.

TODOS E TODAS NA MESMA DIRECCIÓN!!!

 

Grazas ata o infinito EQUIPO!

DÍA DA INFANCIA NO 3º NIVEL DE EP

Dez son os dereitos proclamados pola ONU, pero sobre todo centraremos o noso traballo no de  NON Á DISCRIMINACIÓN, todos e todas somos IGUAIS!!!

Para iso elaboramos unha actividade como tarefa colaborativa onde as nosos familias, unha vez mais fan que os traballos brillen pola súa implicación, creatividade e entrega.

Quen mellor para loitar polos nosos dereitos que a familia e a escola en equipo?

Propouxemos un traballo interdisciplinar na aula virtual para levar a cabo a semana pasada e difundilo o luns 23 para poder desfrutalo toda a  comunidade educativa do CEIP de Arzúa.

  

 

 

ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO no 3º NIVEL de EP en colaboración CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Este curso o Departamento de Orientación propón esta serie de actividades para levar a cabo neste mes para traballar na aula o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, que traballaremos á par das organizadas na nosa clase de 3º nivel, como imos publicando a web do cole:

  • Conto:

          El Monstruo, obra de Daniel Martín

             

Aproveitamos un día de sol para lelo e desfrutalo ao aire libre. Fixemos como un xogo de descubrimento ao que  chegaron a adiviñar de  quen se falaba no libro, quen era o monstruo? Souberon adiviñara a metáfora  monstruo  - pai.

 

  •  Película

   Visionado da película MULAN na sala de audiovisuais hoxe, venres 27 e completar un cuestionario despois do debate sobre a película.

 

  • Canción

  Danse dúas opcións, a primeira comparar Hawaii de Maluma vs Hawaii de Beatriz Luengo, dous videoclips que despois de velos deu moito que falar: escenas, vestimenta, mensaxe ... rematando coa pregunta ao  meu alumnado: ti que muller ou home u queres ser despois de analizar estes vídeos?

  • Coas miñas mans podo... onde cada neno e nena escribirá ou debuxará aspectos positivos de que para que nos sirven estas.
  •  

25 DE NOVEMBRO_COLABORACIÓN CO CIM E O IES

Mañá toca facer algo especial, onde unha nena da nosa clase nos representará así como un dos carteis coa palabra que nos tocou será elexido pra formar parte dunha gravación:

¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?

Non hai nada mellor que un bo libro que trate o que queremos traballar!!!

Os estereotipos hai que eliminalos, facer que desaparezan e loitar polos nosos soños, independentemente de cales sexan.

En terceiro témolo claro, moi claro!!!

 

Por iso temos un consello para todos e todas vós:

Viste a túa vida de cores, cores que che gusten, cores que che fagan soñar, cores que che fagan  máis fortes e que fagan posible acadar o que te propoñas!

E empregando unha ilustración da Princesa Carlota en branco e negro para que o noso alumnado a vista como desexe, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade pensando nos novos soños e aspiracións da princesa, obtivemos este fantástico resultado:

 

 

 

 

 

SEMANA DA CIENCIA EN TERCEIRO NIVEL

A SEMANA DA CIENCIA 2020 comeza cun planning moi interesante:

 

 

DISFRUTANDO DUNHA PAISAXE OUTONAL

Os nenos e nenas  de 3º nivel vemos un raio de sol e saímos a desfrutalo. Cheiramos, sentimos, tocamos o outono!!!!

Ademáis aproveitamos para facer PLASTICA no patio: paisaxes contaminadas e sen contaminar, fuel manchando océanos e mares, paisaxes máxicas de Among US.

 

   

 

 

MUSEO AO MIÚDO

Este ano como non podemos ir de excursións aos MUSEOS, traemos os museos ao cole. Este trimestre tiñamos organizada unha saída ao Museo de Belas Artes de A Coruña, pero viñeron novas restricións polo COVID e tivemos que anulala. Pasados os dias recibimos unha grande sorpresa, participar nun proxecto con Laura e Sara, as educadoras deste museo:

 

 

 Hoxe xa empezamos a investigar sobre este museo: onde está, quen o deseñou, número de salas, exposicións... que deixamos reflexado nestes fermosos debuxos do museo ao miúdo:

Decidiuse a edificación dun novo museo moi preto de onde estaba o antigo. O encargo recaeu no prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, que conseguiu o premio Nacional de Arquitectura polo devandito edificio, finalmente inaugurado en 1995.

 

CODE DANCE 2020

Hoxe, 13 de novembro de 2020, temos xa todo preparado para a posta en escena da nosa CODE DANCE robótica, como unha activida innovadora dentro da CODE WEEK. Unha coreografía é unha suma de eventos ou movementos secuenciados e perfectamente estudados para chegar a un resultado final.

 

 

Foi un traballo en equipo escola-familia!!!

Os traxes de robot foron feitos con materiais de refugallo para contribuir ao coidado do noso planeta Terra, de feito hai robots natura, robots 3R...

#CODE WEEK DANCE ON THE ODE TO CODE

Unha actividade máis no CODE WEEK, pero esta vez algo diferente ás demais!

Tratase de programar uns fermosos robots mediante botóns que producen diferentes eventos, que xuntos formaran unha pequena coreografía CODE DANCE:

Xa empezaron a chegar os primeiros traballos, dentro do proxecto CODE IN FAMILY:

Mariña

Jorge

Noa

 

Uxía

 

 

Iago

Nuria

Diego

Paula

 

Powered by Drupal - Design by artinet