Complementarias
VERMES DE SEDA 28/2/2012
NA BIBLIOTECA DO COLEXIO TIVEMOS UNHA DEMOSTRACIÓN EN DIRECTO DE COMO OS VERMES DE SEDA SE CONVIRTEN EN BOLBORETAS E DE COMO É O PROCESO DE FABRICACIÓN DA SEDA.TAMÉN TEMOS NA ESCOLA UNHA EXPOSICIÓN SOBRE ESTE PROCESO QUE OS ALUMNOS VISITARÁN AO LONGO DESTA SEMANA.
ÓPERA: EL ELIXIR DE AMOR
O DÍA 27 DE XANEIRO AS NENAS E NENOS DE 5º e 6º DE PRIMARIA ACUDIRON AO AUDITORIO DE OURENSE A VER A ÓPERA "EL ELIXIR DE AMOR" de DONIZETTI interpretado pola CAMERATA LÍRICA DE ESPAÑA.
FINAL COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS
O día 18 de xaneiro as nenas e nenos da nosa escola participaron na final comarcal de campo a través en Muiños. Tivemos moito éxito e gañamos 6 premios:
- 1º clasificados en benxamín masculino e feminino
- 2º clasificados en infantil masculino e feminino
- 1º clasificados en alevín masculino e feminino
OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS
Os días 9, 16 e 23 de xaneiro as nenas e nenos de 6º desfrutaron dunha hora de xogos tradicionais dentro da VII edición do Obradoiro de Xogos Tradicionais impartido polo Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo".
FESTIVAL DE NADAL
BELÉN
ESTE ANO O BELÉN DA ESCOLA FIXÉRONNO AS NENAS E NENOS DE 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA. EMPREGARON XOGUETES RECICLADOS. PARA A SÚA REALIZACIÓN CONTARON COA AXUDA DO PROFESOR DE MANUALIDADES, FERNANDO E COAS PROFESORAS DE INGLÉS: YOLANDA, NURIA E MARÍA.
PREMEDE AQUÍ PARA VER AS FOTOS DA ELABORACIÓN DO BELÉN
VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL
AS NENAS E NENOS DE 3 e 4 ANOS DE EDUCACIÓN INFANTIL ASISTIRON Á AULA CEMIT NO CONCELLO DE CELANOVA A FALAR CON PAPA NOEL E A FACERLLE AS SÚAS PETICIÓNS DE AGASALLOS.
PRESENTACIÓN DO CONTO "OS CALDERETAS DESCUBREN A POESÍA"
O DÍA 25 DE NOVEMBRO OS NENOS DE 1º,2º e 3º CICLO ASISTIRON Á PRESENTACIÓN DO LIBRO "OS CALDERETAS DESCUBREN A POESÍA". ESTE ACTO CELEBROUSE NO AUDITORIO DE CELANOVA E CONTOU COA ASISTENCIA DO SEU DEBUXANTE PEPE CARREIRO (autor de "OS BOLECHAS").
TEATRO DE TÍTERES
O DÍA 21 DE NOVEMBRO OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS E 1º CICLO ASISTIRON AO AUDITORIO DE OURENSE A VER A OBRA DE TEATRO DE TÍTERES "PINOCHO Y MEDIO" REPRESENTADA POLA COMPAÑÍA "EL RETABLO".
O MAGOSTO
O DÍA 17 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO. POLA MAÑÁ TIVEMOS UNHA XORNADA DE XOGOS POPULARES E POLA TARDE UNHA DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DO OUTONO E POR SUPOSTO FOGATA E CASTAÑAS.
SE QUERES VER MÁIS FOTOS PREME AQUÍ
TEATRO EN INGLÉS - ROBIN HOOD
OS ALUMNOS/AS DE 2º CICLO ASISTIRON AO AUDITORIO DE OURENSE O DÍA 14 DE NOVEMBRO DE 2011 Á OBRA DE TEATRO EN INGLÉS "ROBIN HOOD"
SE QUEREDES VER A SINOPSE DA OBRA DE TEATRO CLICADE AQUÍ
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »