Complementarias

Boas Festas e mellor ano que comeza!!

Agardamos que esteades gozando dunhas moi boas festas en familia! Aquí vos deixamos un enlace dende onde podedes acceder ás fotos das actividades levadas a cabo no centro neses días de celebración previos ás vacacións.

O Samaín!!

Como todos os anos, no final do mes de outubro celebramos o Samaín, tivemos unha chea de actividades nas aulas e por todo o cole e pasamos momentos de medo!!!

Na galería de imaxes tendes as nosas fotos, podedes ver que "ben" o pasamos cos contos da Biblioteca, no Bosque das ánimas e con todas as actividades realizadas.

 

Celebrando o Magosto!

O venres 11 de novembro, como non podía ser doutro xeito, celebramos o Magosto no noso centro. Gozamos dunha mañá chea de movemento e experiencias. Comezamos cunha camiñata pola carballeira, repuxemos forzas cunha degustación de deliciosos froitos e doces desta tempada (tamén castañas, por suposto!), e pasámolo xenial cunha chea de xogos populares.

Xa podedes ver as fotos na galería.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores 18 de maio celebramos no Auditorio de Celanova o Día das Letras Galegas coas  actuacións do grupo de teatro e a súa función "O Elixir", pandeirado por parte dos alumnos de pandeireta, actuación do grupo musical Little Band, presentación da curtometraxe "Diamantes" e a presentación do libro de teatro "Facendo Teatro" realizado polos alumnos/as de 5º e 6º. 

                  Para ver as fotos pincha na imaxe. 

DÍA DO LIBRO

O venres 22 de abril celebrouse O Día do Libro coa actividade de "Apadriña un Lector". Os alumnos/as de 3º a 6º de EP escolleron un libro na biblioteca e léronllo aos alumnos/as de Infantil, 1º e 2º distribuídos por distintos recunchos do patio. 

Para ver as fotos pincha na imaxe

VISITA DOS BOMBEIROS

O mércores 27 de xaneiro recibimos a visita dos bombeiros de Celanova. Déronnos unha charla sobre como previr os incendios na casa. Despois fixemos un simulacro de evacuación e xa no patio poidemos disfutar de distintas actividades que nos tiñan preparados.

Se queredes ver as fotos pincha na imaxe.

NADAL 2015

Pincha nos enlaces para ver as fotos das distintas actividades que fixemos no Nadal.

15 e 16 de decembro: FUNCIÓN NADAL

17 de decembro: TEATRO "O ESPANTALLO AMIGO"

18 de decembro: PANXOLIÑAS E VISITA DE PAPÁ NOEL.

O MAGOSTO

O mércores 11 de novembro celebrouse o magosto cunha degustación de froitos de outono e castañas asadas, e unha sesión de xogos populares no patio.

Para ver o ben que o pasamos pincha na imaxe.

HALLOWEEN - SAMAÍN

Os días 28 e 29 de outubro celebrouse a  festa de Halloween-Samaín cunha gran exposición de manualidades na entrada do colexio. Ademais houbo: un obradoiro de maquillaxe para os nenos/as de EI, un obradoiro de cociña terrorífica nas clases de 1º e 2º, visionado do vídeo-conto "La leyenda del espantapájaros", exposición de libros de medo na biblioteca, e un terrorífico túnel do terror.

Se queredes ver as fotos pincha nas distintas imaxes.

O DÍA DO EXAME

NON TE PERDAS

A NOSA ÚLTIMA CREACIÓN AUDIOVISUAL

É DE MEDOOOO!

MÁIS FOTOS

Pincha nos enlaces para ver as últimas fotos do curso.

A REVOLTA DOS XOGUETES

FERMOSA FUNCIÓN

DO GRUPO DE TEATRO DO COLEXIO

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

Pincha nos enlaces para ver as fotos das distintas excursións.

ENTROIDO - "CURRITOS CIRCUS"

O venres 13 de febreiro celebrouse o Entroido cunha chocolatada e un gran desfile do "Curritos Circus".

Pincha na imaxe para ver as fotos.

Distribuir contido