Complementarias

ACTIVIDADES NADAL

Chegou o Nadal ao Curros. Pincha na imaxe para ver as fotos da decoración navideña do cole, a función de Nadal e a visita de Papá Noel. Pincha nos títulos para os vídeos;

CARAPORQUIÑA VERMELLA    MONICREQUES    PANDEIRADA    PANXOLIÑAS

D

FUNCIÓN DE TÍTERES

O martes 16 de decembro recibimos a visita de Xan, un titiriteiro. Con el disfrutamos e escachamos coa risa cunha función de títeres chamada "Caraporquiña Vermella".

Axiña subiremos o video para que o poidades ver na casa, mentres tanto pincha na imaxe para ver as fotos.

 

CHARLA: "SEPAREMOS BEN, RECICLEMOS MELLOR"

O luns 15 de decembro, os alumnos/as dende 3º ata 6º tiveron unha charla sobre a reciclaxe. Nela aprenderon como separar os residuos producidos nos seus fogares. Ao rematar, cada neno/a recibiu uns agasallos. 

Pincha na imaxe para ver as fotos.

MAGOSTO

O martes 11 de novembro celebramos o magosto cunha degustación de produtos típicos do outono e de castañas asadas. Por mor da choiva, tivemos que suspender os xogos populares que finalmente poidemos facer o luns 17. Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos.

HALLOWEEN - SAMAÍN

O mércores 29 e o xoves 30 de outubro celebrouse un dos días máis terroríficos: Halloween - Samaín. Os pasillos e a entrada do colexio estaban cheo de bruxas, esqueletos, arañas e outras criaturas escalofriantes. Candeas alumeaban o camiño á biblioteca e alí agardaban dúas bruxas que invitaban a entrar aos alumos/as a pasar moito medo. Unha vez dentro, os máis peques visualizaron o vídeo - conto "Fiz, o coleccionista de medos". O resto dos cursos disfrutaron con varios contos de medo escritos e interpretados por algúns alumnos/as de 6º. Que medo pasamos!!

 Pincha na imaxe para ver as fotos.

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

Xa podedes ver as fotos das excursións de fin de curso.

Pincha no curso para ver as súas fotos.

LODOSELO 4 ANOS

LODOSELO 5 ANOS

LODOSELO 1º

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Entre as actividades realizadas destacan: un mural sobre a vida do autor conmemorado: Xosé María Díaz Castro, a presentación do libro O MISTERIO DAS LENDAS, a función de Teatro Escolar: O FEITIZO, a actuación da Rondalla Escolar e do »

DÍA DO LIBRO

O mércores 30 de abril celebramos o día do libro. No patio de infantil organizamos o noso primeiro mercado de libros, e a continuación levamos a cabo a actividade de apadriña un lector, onde alumnos/as do 2º e 3º ciclo de primaria lles leron un conto aos nenos/as de infantil e de 1º ciclo.

Pincha na imaxe para ver as fotos.

ESPECTÁCULO MUSICAL.

O martes 1 de abril, os alumnos/as de 5º e 6º foron ao Auditorio Municipal de Ourense a ver unha obra musical titulada "Odaiko vaia circo..." Como se dun circo se tratase, o grupo de percusión Odaiko monta o seu propio circo, no que os elementos percusivos son os materiais que empregan para as súas acrobacias.

TEATRO

O luns 24 de abril os alumnos/as de 1º e 2º de EP foron ao Auditorio Municipal de Ourense a ver unha obra cómica sobre os segredos da cociña galega. 

BOMBEIROS 11-02-2014

Hoxe os alumnos/as de Educación Infantil e 1º de Primaria recibimos unha visita moi especial. Viñéronnos visitar os Bombeiros acompañados dun amigo: Bob Esponxa! Con eles aprendemos moito sobre o lume e o que temos que facer cando hai un incendio.

Pincha na imaxe para ver as fotos.

MAGOSTO

O martes 12 de novembro celebramos o magosto. Pola mañá fixemos unha degustación de produtos típicos do outono, no comedor servíronnos unhas riquísimas castañas asadas como postre e pola tarde pasámola no patio participando en distintos xogos populares.

Pincha na imaxe para ver as fotos.

TEATRO

O mércores 6 de novembro, os nenos e nenas de 4  e 5 anos fixeron unha saída ao auditorio municipal de Ourense a ver a obra de teatro titulada "Nuncabunga", gañadora do premio María Casares ao mellor espéctaculo.

SAMAÍN - HALLOWEEN

O martes 29 de outubro celebramos Samaín/Halloween con diversas actividades: taller de cociña nas clases de inglés, exposición de casas encantadas, exposición de libros de medo na biblioteca e visualización dun vídeo sobre as orixes do Samaín e o vídeoconto "Corre, corre cabaciña".

Agradecemos a tódalas familias que participaron na elaboración das casas encantadas.

Foi todo un éxito.Se queredes ver as fotos do taller de cociña e a exposición de casas pinchade nas imaxes.

Distribuir contido