Complementarias
CRUZ VERMELLA - AFORRO DE AUGA
O DÍA 6 de abril de 2011, OS ALUMNOS DE 4º e 5º DE PRIMARIA ASISTIRON A UNHA CHARLA IMPARTIDA POLA "CRUZ VERMELLA" SOBRE O APROVEITAMENTO E O MELLOR USO DA AUGA. AO FINAL DA CHARLA REGALÁRONNOS UN KIT DE AFORRO DE AUGA.
DEPORTE ESCOLAR: FINAL PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS (MONTERREI) 06/02/10
O sábado estivemos participando na final provincial de campo a través.
Había moita participación e o circuito polo monte era duro, pero esforzámonos moito e pasámolo ben.
Os rapaces do equipo Benxamín obtiveron un trofeo por ser o 4º equipo da provincia (e iso que tamén competían os clubes).
As rapazas do equipo Alevín estiveron a piques de acadalo mesmo trofeo, faltou un solo puntillo...Aínda así o esforzo mereceu a pena.
EL SUPERBARBERO DE SEVILLA
Os alumnos de 5º curso acudimos ó auditorio de Ourense para asistir a unha representación de ÓPERA adaptada para nenos. Foi unha obra estupenda.
Saída a Ourense dos nenos de 3 anos, 4 anos A e 4 anos B
Enviado por maria o Lun, 07/20/2009 - 15:26Emprendemos a nosa viaxe cargados de ilusión!
Aproveitamos para coñecer as Burgas.
Soubemos que daquela fonte non se podía beber!
Os aires de Ourense enseguida nos abriron o apetito ...
Paseamos a cidade nun pequeno tren que nos resultou moi divertido!
TREN DA LINGUA-EDUCACION INFANTIL 5 ANOS
O martes 5 de maio os nenos e nenas da clase dos elefantes e dos tigres ( educación infatil de 5 anos), fomos ó TREN DA LINGUA.
Saímos da estación de tren de Ourense ás 10:00 h.
No TREN DA LINGUA, dous animadores, Piter e Lolo fixéronnos pasar momentos moi divertidos.
Na estación de Monforte de Lemos aistimos a unha actuación de títeres.
No tren, de volta a Ourense repartíronnos unha merenda e agasallos.
Asi rematou a nosa viaxe.Ata a próxima!
Charla sobre arquitectura tradicional galega
Os alumno de 3º Ciclo acudimos a unha charla sobre os HÓRREOS en Galicia
|
|
|
Durante a charla aprendemos que hai diferentes tipos de hórreos: de madeira, de pedra, mixtos, circulares, cadrados, rectangulares; dependendo da zona xeográfica. Tamén que se utilizaban e utilizan para o secado de alimentos: millo, cebolas, castañas, incluso carne.
MARCO POLO
Os alumnos de 3º Ciclo acudimos ó Auditorio de Ourense para ver a obra "MARCO POLO" da compañía Telonicillo.
Nos seguintes enlaces poderás ampliar a información:
Premios da Constitución
En conmemoración do XXX aniversario da Constitución Española a Subdelegación do Goberno en Ourense convocou os premios que leva promovendo durante vintecinco anos.
O acto, presidido pola Ministra Elena Espinosa, celebrouse no Auditorio de Ourense e estivo amenizado pola Big Band da Diputación.
Os traballos de dous nenos deste colexio foron escollidos de entre máis de 1500 dos presentados ó certame. Son os traballos de ELSA, de 5º curso e de Matías, de 6º curso.
SONIDOS DE LA TIERRA
Os nenos e nenas de Terceiro Ciclo acudiron ó Teatro Principal para asistir ó concerto didáctico"SONIDOS DE LA TIERRA" patrocinado pola obra social de Caja Madrid
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »