Complementarias, Festival de Nadal, Día da Paz, Voz Natura, Entroido, Festival fin de curso

TÍTERES EDUCACIÓN INFANTIL "CANDO CHOVE E RAIA O SOL"

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL FOMOS O DÍA 1 DE XUÑO AO AUDITORIO DE OURENSE A GOZAR DUNHA OBRA DE TÍTERES TITULADA "CANDO CHOVE E RAIA O SOL" DA COMPAÑIA VIRAVOLTA. OS NENOS PUIDERON VER AS MARIONETAS DE CERCA. O ESPECTÁCULO ENCANTOUNOS.


SEMANA DA BICICLETA

OS NENOS E NENAS DE 3º,4º,5º e 6º GOZARON A SEMANA DO 30/5 Ó 4/6 DE CIRCUITOS E PASEOS AO REDOR DO COLEXIO EN BICICLETA. SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS PODEDES VELAS NA GALERÍA.


PRESENTACIÓN DO LIBRO "CRIATURAS" ESCRITO POLOS ALUMNOS DE 6º

O PASADO 27 DE MAIO OS ALUMNOS DE 6º PRESENTARON O SEU LIBRO "CRIATURAS". O ACTO ESTIVO APADRIÑADO POLO ESCRITOR LUIS GONZÁLEZ TOSAR E GOZAMOS DA PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE "NOUTURNIO" DO DIRECTOR BOLÉS RAÚL GARCÍA. O COLOFÓN FINAL PUXÉRONNO OS ALUMNOS DE 6º TOCANDO A CANCIÓN "A SAIA DA CAROLINA" CON FLAUTAS E PERCUSIÓN. FOI UN ACTO INESQUECIBLE.FOTOS NA GALERÍA


CONTACONTOS "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS" LETRAS GALEGAS 2011

ONTE 24 DE MAIO DE 2011 OS ALUMNOS DE 3º CICLO ASISTIRON A UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS". PERCORRERON VIRTUALMENTE OS CINCO CONTINENTES PASANDO POR PAÍSES TAN EXÓTICOS COMO A INDIA, PERÚ, CANADÁ, RUSIA OU FACENDO UNHA VIAXE EN 3D POLA CIDADE DE OURENSE ATA CHEGAR Á NOSA VILA CELANOVA. AS MESTRAS DE CERIMONIA FORON AS TRES MELLIZAS, A BRUXA ABURRIDA E FRAN , O NOSO PROFE DE EDUCACIÓN FÍSICA , O CAL REALIZOU A MONTAXE PARA A PIZARRA DIXITAL. FOI UNHA VIAXE INOLVIDABLE.


SE QUEREDES VER AS FOTOS ESTÁN NA GALERÍA.

PRESENTACIÓN DO LIBRO "CRIATURAS"

O VINDEIRO VENRES, DÍA 27 DE MAIO, ÁS 12:00 h NO AUDITORIO DE CELANOVA, PRESENTAMOS ESTE LIBRO ESCRITO E ILUSTRADO POLOS ALUMNOS DE 6º CURSO DO COLEXIO


ESTADES TODOS INVITADOS


HABERÁ MOITAS SORPRESAS

IV CERTAME DE TEATRO DE BANDE

Hoxe día 18 de maio de 2011 os nenos e nenas de grupo de teatro do noso colexio participamos no XVI ENCONTROS DE TEATRO ESCOLAR E AMATEUR que se celebrou no CEIP Xoaquín Lourenzo de Bande  organizado por dito concello. As 14:30 tivo lugar a nosa actuación e representamos a obra "O arco da vella" cunha gran acollida entre o público. Queremos dar as gracias ao cole de Bande por acollernos  tan ben.



CONVIVENCIA DOS ALUMNOS DE 6º NA "CASA DOS POETAS"


O día 11 de maio, o alumnado de 6º curso participou nunha xornada de convivencia que organiza a Fundación Curros Enríquez.
A mañá centrouse no coñecemento da vila de Celanova e da figura de Manuel Curros Enríquez.
A tarde estivo adicada ao coñecemento da poesía de Manuel Curros Enríquez e dos arredores de Celanova.



APADRIÑA A UN LECTOR - DÍA DO LIBRO

O día 5 de maio de 2011 celebramos no patio da escola o día do libro. Levamos a cabo unha actividade titulada "APADRIÑA A UN LECTOR" que consistiu na lectura dun conto por parte do alumnado de 2º e 3º ciclo  aos alumnos de 1º ciclo e Educación Infantil.


Se queredes ver as fotos ide á páxina 2 da GALERÍA


No BLOG CANISTREL atoparedes un estupendo vídeo sobre esta actividade


XOGOS POPULARES

O DÍA 12 DE abril de 2011 OS ALUMNOS DE 6º DISFRUTARON DUNHA XORNADA DE XOGOS POPULARES NO PATIO DA NOSA ESCOLA. 


SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DESTA XORNADA DE XOGOS IDE Á GALERÍA


 

OBRA DE TEATRO "O FORNO DE FLORDELIS"

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º CICLO ACUDIMOS  AO AUDITORIO DE OURENSE O DÍA 7/4/2011 A VER A OBRA DE TEATRO "O FORNO DE FLORDELIS" da COMPAÑÍA "ELEFANTE ELEGANTE"


CRUZ VERMELLA - AFORRO DE AUGA

O DÍA 6 de abril de 2011, OS ALUMNOS DE 4º e 5º DE PRIMARIA ASISTIRON A UNHA CHARLA IMPARTIDA POLA "CRUZ VERMELLA" SOBRE O APROVEITAMENTO E O MELLOR USO DA AUGA. AO FINAL DA CHARLA REGALÁRONNOS UN KIT DE AFORRO DE AUGA.


A VISITA DA AGUIA AMERICANA

TODOS OS NENOS DO COLEXIO PUIDEMOS DISFRUTAR DESTA FERMOSA AGUIA. PULSA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS.



 

Distribuir contido