Complementarias, Festival de Nadal, Día da Paz, Voz Natura, Entroido, Festival fin de curso
DÍA DA PAZ
O 31 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz nun acto con lectura de poemas e unha intepretación dunha preciosa canción, cantada por todo o cole e acompañada por flautas e xilófonos.
TEATRO
O mércores 6 de novembro, os nenos e nenas de 4 e 5 anos fixeron unha saída ao auditorio municipal de Ourense a ver a obra de teatro titulada "Nuncabunga", gañadora do premio María Casares ao mellor espéctaculo.
SAMAÍN - HALLOWEEN
O martes 29 de outubro celebramos Samaín/Halloween con diversas actividades: taller de cociña nas clases de inglés, exposición de casas encantadas, exposición de libros de medo na biblioteca e visualización dun vídeo sobre as orixes do Samaín e o vídeoconto "Corre, corre cabaciña".
Agradecemos a tódalas familias que participaron na elaboración das casas encantadas.
Foi todo un éxito.Se queredes ver as fotos do taller de cociña e a exposición de casas pinchade nas imaxes.
O ENTROIDO
O venres 9 de febreiro celebramos o entroido no Curros. Como ía moito, moito frío tomamos un chocolate ben quente acompañado duns ricos churros. Logo fomos disfrazarnos e saímos ao patio. Fixemos unha coreografía por nivel e rematamos a festa cun gran baile.
Todo o festexo estivo animado pola familia Pig.
DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz nun acto con lectura de poemas e unha intepretación dunha preciosa canción, cantada por todo o cole e acompañada por flautas e xilófonos polos nenos e nenas de 5º e 6º. Pincha AQUÍ para escoitar a nosa Canción da Paz. Pincha na nosa pomba da paz para ver as fotos.
GAÑADORES CONCURSO DA CONSTITUCIÓN
A Subdelegación do Goberno comunicounos que dous alumnos do noso centro gañaron este concurso nas categorías correspondentes. Trátase de: Mauro Dorado Iglesias de 3ºA e de Laura Fernández Gómez de 5ºA.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »