Complementarias, Festival de Nadal, Día da Paz, Voz Natura, Entroido, Festival fin de curso

DÍA DA PAZ


DÍA DA PAZ preme na pomba para o vídeo e na árbore para as fotos

ÓPERA: EL ELIXIR DE AMOR

O DÍA 27 DE XANEIRO AS NENAS E NENOS DE 5º e 6º DE PRIMARIA ACUDIRON AO AUDITORIO DE OURENSE A VER A ÓPERA "EL ELIXIR DE AMOR" de DONIZETTI interpretado pola CAMERATA LÍRICA DE ESPAÑA.


FINAL COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O día 18 de xaneiro as nenas e nenos da nosa escola participaron na final comarcal de campo a través en Muiños. Tivemos moito éxito e gañamos 6 premios:



  • 1º clasificados en benxamín masculino e feminino

  • 2º clasificados en infantil masculino e feminino

  • 1º clasificados en alevín masculino e feminino

OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS

Os días 9, 16 e 23 de xaneiro as nenas e nenos de 6º desfrutaron dunha hora de xogos tradicionais dentro da VII edición do Obradoiro de Xogos Tradicionais impartido polo Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo".


FESTIVAL DE NADAL

Os días 19 e 20 de decembro celebramos na escola o festival de Nadal.


 


Se queredes ver as fotos do Festival de Nadal para os nenos premede aquí.


Se queredes ver as fotos do festival de nais e pais pulsade aquí.

BELÉN

ESTE ANO O BELÉN DA ESCOLA FIXÉRONNO AS NENAS E NENOS DE 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA. EMPREGARON XOGUETES RECICLADOS. PARA A SÚA REALIZACIÓN CONTARON COA AXUDA DO PROFESOR DE MANUALIDADES, FERNANDO E COAS PROFESORAS DE INGLÉS: YOLANDA, NURIA E MARÍA.



PREMEDE AQUÍ PARA VER AS FOTOS DA ELABORACIÓN DO BELÉN

VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL

AS NENAS E NENOS DE 3 e 4 ANOS DE EDUCACIÓN INFANTIL ASISTIRON Á AULA CEMIT NO CONCELLO DE CELANOVA A FALAR CON PAPA NOEL E A FACERLLE AS SÚAS PETICIÓNS DE AGASALLOS.


PRESENTACIÓN DO CONTO "OS CALDERETAS DESCUBREN A POESÍA"

O DÍA 25 DE NOVEMBRO OS NENOS DE 1º,2º e 3º CICLO ASISTIRON Á PRESENTACIÓN DO LIBRO "OS CALDERETAS DESCUBREN A POESÍA".  ESTE ACTO CELEBROUSE NO AUDITORIO DE CELANOVA E CONTOU COA ASISTENCIA DO SEU DEBUXANTE PEPE CARREIRO (autor de "OS BOLECHAS").


 

EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO

DURANTE A SEMANA DO 7 AO 11 DE NOVEMBRO AS NENAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL TIVERON UNHA EXPOSICIÓN NOS CORREDORES DO NOSO CENTRO DE ´FROITOS CARNOSOS E SECOS TÍPICOS DO OUTONO. O XOVES 10 DE NOVEMBRO FIXEMOS A DEGUSTACIÓN DOS MESMOS.



 


PREMEDE NA FOTO PARA IR A GALERÍA DE IMAXES

TEATRO DE TÍTERES

O DÍA 21 DE NOVEMBRO OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS E 1º CICLO ASISTIRON AO AUDITORIO DE OURENSE  A VER A OBRA DE TEATRO DE TÍTERES "PINOCHO Y MEDIO" REPRESENTADA POLA COMPAÑÍA "EL RETABLO".



 

O MAGOSTO

O DÍA 17 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO. POLA MAÑÁ TIVEMOS UNHA XORNADA DE XOGOS POPULARES E POLA TARDE UNHA DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DO OUTONO E POR SUPOSTO FOGATA E CASTAÑAS.



SE QUERES VER MÁIS FOTOS PREME AQUÍ

TEATRO EN INGLÉS - ROBIN HOOD

OS ALUMNOS/AS DE 2º CICLO ASISTIRON AO AUDITORIO DE OURENSE O DÍA 14 DE NOVEMBRO DE 2011 Á OBRA DE TEATRO EN INGLÉS "ROBIN HOOD"



SE QUEREDES VER A SINOPSE DA OBRA DE TEATRO CLICADE AQUÍ 

A AVENTURA DO SABOR ESTÁ NO MAR

AS NENAS E NENOS DE 1º CICLO ASISTIRON O DIA 8 DE NOVEMBRO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO A UNHA ACTIVIDADE PROMOCIONADA POLA XUNTA DE GALICIA PARA FOMENTAR O CONSUMO DE PEIXE NOS COMEDORES ESCOLARES. A CAMPAÑA TITÚLASE: "A AVENTURA DO SABOR ESTÁ NO MAR".


  

LOS MOUSSAKIS. MÚSICA DE LOS BALCANES DENTRO DE UNA MALETA

OS ALUMNOS/AS DE 2º E 3º CICLO ASISTIRON O DÍA 8 DE NOVEMBRO AO AUDITORIO DE OURENSE A UN CONCERTO DIDÁCTICO PARA COÑECER MÚSICAS DO MUNDO, NESTE CASO FOI A MÚSICA DOS BALCÁNS.



Pulsa na foto para escoitar un fragmento do concerto

VISITA AO PLANETARIO MÓBIL

OS ALUMNOS DE 1º e 2º CICLO ACUDIRON O DÍA 3 DE NOVEMBRO A VISITAR O PLANETARIO MÓBIL INSTALADO NO PABILLÓN DAS TRIGUERIZAS.


Distribuir contido