Complementarias, Festival de Nadal, Día da Paz, Voz Natura, Entroido, Festival fin de curso
PROXECTO VOZ NATURA III
CONTINUAMOS COA POSTA EN VALOR DA CARBALLEIRA DE SANTA MARÍA
TERCEIRA FASE curso 2015-2016
Durante este curso realizamos as seguintes actividades:
PROXECTO VOZ NATURA
CONTINUAMOS COA POSTA EN VALOR DA CARBALLEIRA DE SANTA MARÍA
SEGUNDA FASE curso 2014-2015
Durante este curso realizamos as seguintes actividades:
- Charla de concienciación medioambiental
- Limpeza da zona 2
- Canalización do manantial
- Preparación dun estanque
- Apertura dun antigo sendeiro
- Panel informativo
- Catalogación das árbores: especie, altura, grosor, idade...
- Reforestación con especies autóctonas
- Estudo dos animais que viven na carballeira
- Clases na natureza en lugar de na aula
Pulsa AQUÍ para ver as fotos da carballeira antes da nosa actuación e AQUÍ durante o noso traballo.
DÍA DA PAZ
CANCIÓN DA PAZ- POEMA DA PAZ Se queredes saber máis pincha aquí.
ACTIVIDADES NADAL
Chegou o Nadal ao Curros. Pincha na imaxe para ver as fotos da decoración navideña do cole, a función de Nadal e a visita de Papá Noel. Pincha nos títulos para os vídeos;
HALLOWEEN - SAMAÍN
O mércores 29 e o xoves 30 de outubro celebrouse un dos días máis terroríficos: Halloween - Samaín. Os pasillos e a entrada do colexio estaban cheo de bruxas, esqueletos, arañas e outras criaturas escalofriantes. Candeas alumeaban o camiño á biblioteca e alí agardaban dúas bruxas que invitaban a entrar aos alumos/as a pasar moito medo. Unha vez dentro, os máis peques visualizaron o vídeo - conto "Fiz, o coleccionista de medos". O resto dos cursos disfrutaron con varios contos de medo escritos e interpretados por algúns alumnos/as de 6º. Que medo pasamos!!
Pincha na imaxe para ver as fotos.
EXCURSIÓNS FIN DE CURSO
Xa podedes ver as fotos das excursións de fin de curso.
Pincha no curso para ver as súas fotos.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Entre as actividades realizadas destacan: un mural sobre a vida do autor conmemorado: Xosé María Díaz Castro, a presentación do libro O MISTERIO DAS LENDAS, a función de Teatro Escolar: O FEITIZO, a actuación da Rondalla Escolar e do »
DÍA DO LIBRO
O mércores 30 de abril celebramos o día do libro. No patio de infantil organizamos o noso primeiro mercado de libros, e a continuación levamos a cabo a actividade de apadriña un lector, onde alumnos/as do 2º e 3º ciclo de primaria lles leron un conto aos nenos/as de infantil e de 1º ciclo.
Pincha na imaxe para ver as fotos.
ESPECTÁCULO MUSICAL.
O martes 1 de abril, os alumnos/as de 5º e 6º foron ao Auditorio Municipal de Ourense a ver unha obra musical titulada "Odaiko vaia circo..." Como se dun circo se tratase, o grupo de percusión Odaiko monta o seu propio circo, no que os elementos percusivos son os materiais que empregan para as súas acrobacias.
TEATRO
O luns 24 de abril os alumnos/as de 1º e 2º de EP foron ao Auditorio Municipal de Ourense a ver unha obra cómica sobre os segredos da cociña galega.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »