Skip to Content

2022-23

Xogo: Solitario

Elementos do xogo: Un taboleiro coma o da figura. 32 pezas da mesma cor.
Número de xogadores: Un só xogador.
Obxectivo : Eliminar tódalas pezas do taboleiro, agás unha que deberá quedar na casiña central.
Regras : Colócanse as 32 pezas no taboleiro deixando baleira a casiña central. As fichas elimínanse saltando por riba delas, ata deixar só unha no taboleiro.

Cromos dende unha parede

Cromos dende unha parede

Carretilla

Xogo formado por  dous integrantes, un de pé e o outro facendo de carretilla (ponse de xeonllos e apoia as palmas das mans sobre o chan). Cando se dá o sinal os grupos parten cara á primeira chegada. Alí inverten a súa posición e parten cara á segunda chegada onde volven cambiar a súa posición e diríxense cara á última chegada.

Kalaha ou Mancala

Torre de Hanoi

A Torre de Hanoi é un crebacabezas matemático. Consta de tres paus verticais e cinco discos de diferentes tamaños que poden deslizarse sobre calquera pau.
O crebacabezas comeza cos discos nunha pila ordenada en orde ascendente de tamaño nun dos paus, a máis pequena na parte superior, creando así unha forma cónica.
O obxectivo do crebacabezas é mover toda a pila a outra barra, obedecendo as seguintes regras simples:

Rato e gato no taboleiro de xadrez

Obxectivo:-  Para o "rato" (un peón) :  Chegar   a últíma fila do taboleiro.

Cadeira Musical

Para facer  este xogo necesítanse cadeiras resistentes, polo menos tantas como persoas haxa menos unha, e música que se poida iniciar e parar a vontade. Colócanse todas as cadeiras formando un círculo cos respaldos cara a dentro. Os xogadores están de pé diante delas, excepto unha persoa que controlará a música.

Oso / Buscapernas

Un neno/a  está no centro e xira sobre si mesma. Na man estirada leva unha corda duns dous metros de lonxitude cuxo extremo contrario arrástrase polo chan. O resto de persoas está en círculo ao redor da persoa central e saltan por encima da corda.

Bombilla

Apanda un (pandote) e outr@ fai de nai (primeiro da fila). O pandote dille a nai en segredo o tema que elixiu e o nome que escolleu para que os compañeiros perdan se din esa palabra. Exemplo: O pandote di, nomes de animais e escolle o cabalo. Este nome só o sabe el e a nai.

Cadeira da raíña

Grupos de tres. Dous levan a outro/a entrelanzo as mans. Fanse relevos onde todos teñen que ir unha vez, polo menos sentados nos brazos dos outros/as. Ver variante

Distribuir contido


by Dr. Radut