Skip to Content

Bombilla

Apanda un (pandote) e outr@ fai de nai (primeiro da fila). O pandote dille a nai en segredo o tema que elixiu e o nome que escolleu para que os compañeiros perdan se din esa palabra. Exemplo: O pandote di, nomes de animais e escolle o cabalo. Este nome só o sabe el e a nai. Logo saltan todos dicindo nomes de animais, se din outro diferente ao escollido, dan tres pasos dentro da bombilla e esperan a que rematen todos. Se ninguén dixo o nome de cabalo, a nai pregúntalle ao pandote se hai luz. Se dí no e alguén se move perde, se di si, todos corren até sair da bombilla e intentar que non lle toque o pandote. No caso de que alguén dixera cabalo, perde e ten que poñerse de pandote. Cada vez que comeza a partida hai que cambiar o tema: provincicias, capitais, comidas, froitas, xogodores, .....



page | by Dr. Radut