Skip to Content

Cadeira Musical

Para facer  este xogo necesítanse cadeiras resistentes, polo menos tantas como persoas haxa menos unha, e música que se poida iniciar e parar a vontade. Colócanse todas as cadeiras formando un círculo cos respaldos cara a dentro. Os xogadores están de pé diante delas, excepto unha persoa que controlará a música. Colocarase sempre unha cadeira menos que o número de persoas que estean a xogar ou dando voltas. Cando empezo a soar a música, os xogadores deben virar ao redor das cadeiras seguindo o ritmo. No momento que para a música, cada persoa tentará sentar nunha das cadeiras. Quen queda sen sentar nunha cadeira perde. Entón retírase unha cadeira, recomponse o círculo e volve soar a música. Repítese o xogo ata que na última rolda se faga  cunha soa cadeira e dous xogadores. Gaña o que queda sentado na última cadeira. Existe unha variante non competitiva deste xogo, na cal ninguén se elimina, as cadeiras tamén se van retirando en cada quenda e todos deben axudarse mutuamente a conseguir quedar sentados ou subidos a algunha cadeira cando a música pare.



page | by Dr. Radut