O 7 de marzo realizamos unha xornada de Multixogo con nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. doutros coles da zona. Foi unha xornada moi deportiva, no Pavillón Manuel Coto Ferreiro; esta actividade está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva do Centro (PVAD), no apartado de XOGADE.
Nesta xornada había 6 zonas ou estacións diferenciadas e por grupos íase rotando cada 20 minutos para realizar todos os xogos:
- Zona de habilidades motrices con circuítos.
- Zona de lanzamentos e golpeos.
- Zona de saltos.
- Zona de xogos populares.
- Zona de xogo en grupo.
- Zona de habilidades con balóns e pelotas.
Pasámolo xenial e estamos desexando repetir. O deporte é saude e diversión. Volvemos cansos pero cheos de enerxía e alegría para volver facer moitas máis!