Outubro 2023O Ping Pong chegou a CodesedaEnviado por jairo o Xov, 26/10/2023 - 16:59
O venres 20 de outubro tivemos outra xornada deportiva no centro. Esta vez para realizar unha sesión de tenis de mesa co Club Tenis de Mesa Top Spin, de A Estrada. O Club facilitounos, semanas atrás, dúas mesas de ping pong, polo que xa puidemos realizar partidos, iniciándonos neste deporte antes desta visita.
Nesta xornada, por cursos, realizamos un adestramento moi completo e individualizado, xa que grazas a Rosa e Ramón, técnicos do Club, puidemos aprender a cómo agarrar a pala, cómo golpear de dereita e revés ... Tamén contamos cun robot lanzapelotas polo que aproveitamos a sesión ao máximo. Moitas grazas pola vosa visita, pasámolo xenial!
( categories: )
O Cros de A EstradaEnviado por jairo o Lun, 23/10/2023 - 16:24
O mércores 11 de outubro realizamos a primeira saída do curso e foi para acudir ao tan esperado Cros. Como todos os anos fíxose na zona deportiva de A Estrada e acudiu alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria da maioría de coles da zona. Fixemos unha gran carreira e con coraxe, valentía e moita ilusión chegamos á meta! Noraboa rapaces!
( categories: )
O Club Ciclista EstradenseEnviado por jairo o Ven, 13/10/2023 - 17:58
O 18 de setembro tivemos unha visita moi deportiva no noso cole. Visitounos o Club Ciclista Estradense, que nos tiña preparado un circuíto para comprobar a nosa habilidade enriba da bicicleta. Realizamos o circuíto por cursos, había rectas estreitas, zig - zags, cambios de dirección continuos e mesmo unha rampa! Pasámolo xenial!
( categories: )
Benvidos ao curso 2023 - 2024!Comezamos con enorme ilusión este novo curso e ... Que mellor forma de facelo que gozando do deporte e dos compañeiros/as? O exercicio físico é fundamental para a nosa saúde, tanto física como social e mental. Por este mesmo motivo, ao longo de todo o curso, dende o colexio darémoslle a importancia que ten ao deporte e á actividade física.
Un dos momentos onde a actividade deportiva cobra maior relevancia é nos tempos de recreo, así pois e como se iniciou o curso pasado, volveremos a organizar os recreos no patio. Propóñense actividades variadas para todos os días da semana, con distinto material para non caer na monotonía e nos mesmos xogos de sempre.
Para levar a cabo a distribución e recollida de material, haberá dous alumnos/as cada día, de 5º e 6º de Primaria. Tomarán nota, ao finalizar o recreo, de que todo o material fose devolto e concienciarán aos máis pequenos de facer un uso responsable do mesmo.
A pasalo mooooi beeeen!
( categories: )
|