O noso blog de Dinamización Lingüística
Contido popular
- DÍA DA PAZ 2015
- Celebramos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA
- CELEBRACIÓN MAGOSTO E SAMAÍN
- Recomendación lectoras Nadal 2014
- OS MUÍÑOS
- MAGOSTO E SAMAÍN 2015
- LETRAS GALEGAS
- Día da poesía!
- Mmmmm...mel!! 5º e 6º
- Os xenerais da Ulla en Codeseda
- Parabéns Hiba!!
- Feliz día das LETRAS GALEGAS!
- Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria
- IMPLICADAS
- 24 de febreiro "DÍA DE ROSALÍA"
- Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria
- Ollos de auga.
- Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
- Pinguiñas 2017
- Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria
- Letras galegas na casa e ...no mundo!
- O día das Escritoras no noso cole
- Convivio
- LETRAS GALEGAS 2014
- Palabras con vida
Today's popular content
- ESPECIAL MANUEL GARCÍA BARROS E NEIRA VILAS (RECUNCHO DA LINGUA)
- Nós tamén contamos
- A festa dos maios en Callobre
- OS CASTREXOS
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS NA RADIO
- 18 de outubro: "DÍA DAS ESCRITORAS"
- Os xenerais da Ulla en Codeseda
- Mans Unidas axuda ao noso horto
- SAÍDA AO RÍO ULLA
- Samaín- Magosto
- Tecemos xuntas a nosa tea
- DÍA DA TERRA - O NOSO GRAN DE AREA
- O camiño da GEIRA
- XI CONCURSO DE POESÍA "CABADA VÁZQUEZ"
- Entroido 2021
- Día de Rosalía
- Visita de Stop Accidentes
- Comezamos limpando
- LETRAS GALEGAS 2024
- Recomendacións lectoras verán
- Pinguiñas 2023
- I Encontro de Centros Escolares no CMUS
- HOMENAXEAMOS A FERNÁNDEZ DEL RIEGO NA RADIO
- AS FAMILIAS CONTAN
- Obradoiros máscaras
Arquivo
- Novembro 2024 (2)
- Outubro 2024 (5)
- Xullo 2024 (1)
- Xuño 2024 (4)
- Maio 2024 (4)
- Abril 2024 (3)
- Marzo 2024 (2)
- Febreiro 2024 (5)
- Decembro 2023 (5)
- Novembro 2023 (2)
- Xullo 2023 (1)
- Xuño 2023 (9)
- Maio 2023 (3)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (2)
- Febreiro 2023 (1)
- Xaneiro 2023 (1)
- Decembro 2022 (3)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Xullo 2022 (1)
- Xuño 2022 (3)
- Maio 2022 (1)
- Marzo 2022 (3)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (1)
- Decembro 2021 (1)
- Outubro 2021 (4)
- Septembro 2021 (2)
- Xuño 2021 (4)
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
Artigos recentes
Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA | hai 14 anos 35 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 29 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 29 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 29 semanas |
Revista "Ollos de auga" | hai 9 anos 41 semanas |
Hoxe, 16 de novembro de 2024, día no que o escritor e periodista estradense Manuel García Barros cumpriría 148 anos, Irune (3º EP) e Abel (4º EP) participaron
no Recuncho da Lingua de Radio Estrada para compartir cos oíntes un dos seus contos do libro "Contiños da Terra": Antón non come.
Animámovos a que os escoitedes xa que se trata dun conto cheo de humor e retranca.
Poderedes escoitalos a partires do minuto 32::35 premendo na imaxe.
Xa estamos en novembro, mes no que toda Galicia festexa a recollida da castaña.
Hoxe, 8 de novembro , no noso cole tamén desfrutamos desta festividade con degustación de castañas
e xogos tradicionais ( "a chave" , "os birlos", "os carozos", "a raia" , "os sacos", "a culler" e "o ferrón").
Ademais esta semana nas aulas estivemos decorando os cestos do magosto ambientados no Proxecto Documental
Integrado "Un ano de cine".
Preme na imaxe para ver o ben que o pasamos!
Chegou o día de SAMAÍN!
No cole xa levamos días pensando nesta data e onte, mércores 30 de outubro, festexámolo con obradoiros con todo o alumnado.
Os nenos e nenas de infantil, primeiro e segundo desfrutaron con obradoiros de apócemas e decoración de cabazas; mentres que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º decoraron as súas terroríficas cabazas e elaboraron unhas deliciosas galletas de cabaza e avea.
Visualizando o seguinte vídeo poderedes ver como levamos a cabo estes obradoiros.
Como en anos anteriores, compartimos postais de Samaín con outros centros de A Estrada, chegando a facer no noso centro unha bonita exposición con todas as que recibimos.
Podedes visualizar o vídeo no que se amosan todas as postais compartidas e recibidas cos centros educativos de A Estrada.
Neste 24 de outubro, para conmemorar o Día das Bibliotecas e o das Mulleres escritoras, dous alumnos de 5º e 6º de primaria ofrecéronnos un cachiño da vida da escitora estradense Avelina Valladares e recitáronnos un dos seus poemas, "Ulla". Estes alumnos xa nos representaran o pasado sábado no programa " O Recuncho da Lingua" de Radio Estrada, pero quixeron compartilo con todos nós neste día tan especial.
Para completar a xornada, o alumnado de 4º, 5º e 6º animouse a compartir lecturas cos máis pequenos do centro.
Como agasallo para todo o centro fixemos unhas chapas conmemorando o día.
Hoxe, Valentina (5ºEP) e Mateo (6ºEP) participaron no Recuncho da Lingua de Radio Estrada no especial "Avelina Valladarres"
facendo un percorrido pola súa biografía e o seu labor como muller do século XIX. Ademais recitaron un dos seus poemas "A Ulla"
cun acompañamento musical interpretado e gravado previamente no cole pola mestra de música, Irene.
Poderedes escoitalos a partires do minuto 29:30 premendo na imaxe.
Na pasada semana do 30 de setembro ao 4 de outubro tivemos a posibilidade de coñecer da man da asociación AMABUL un programa de divulgación que visita diferentes centros educativos, e que quere dar a coñecer ao alumnado das diferentes idades de infantil e primaria, as diferentes especies de flora exótica invasora que podemos atopar nas nosas paisaxes. Ao longo desa semana, estiveron expostos no corredor amplo da entrada do centro, varios paneis informativos moi chamativos con información e imaxes das diferentes especies. Asemade, nas xornadas do luns 30 de setembro e do venres 4 de outubro, as diferentes aulas puideron celebrar pequenos obradoiros que facilitaron o achegamento a esta problemática e que ao mesmo tempo tamén lles permitiu desfrutar con algunha actividade moi divertida (quebracabezas, clasificación de imaxes con velcro sobre paneis,...).
Para complementar o traballo que sobre o clima e cambio climático se vai a desenvolver ao longo deste mes cos cursos de 3º a 6º de primaria, decidiuse visitar Meteogalicia en Santiago de Compostela. A saída tivo lugar o pasado mércores 2 de outubro, nunha mañán moi chuviosa e dividiuse en tres momentos e espazos. En primeiro lugar, logo de darnos a benvida Xoán Taboada, traballador de Meteogalicia, invitounos a ir a unha sala onde nos explicou o traballo dos meteorólogos, a diferenza entre clima e tempo atmosférico e todo o complexo traballo que supón predecir o tempo. A continuación, visitamos a central de recollida de información, onde a meteoróloga María Souto e os e as profesionais que aí traballan, ensináronnos as diferentes maneiras que teñen de coñecer os datos en tempo real das diferentes estacións meteorolóxicas que hai en Galicia (visor de cámaras web en diferentes cidades, imaxes de satélite, gráficos,...) para con esa información poder predecir o tempo. Tamén tivemos a oportunidade de ver como lle dan en directo a predición do tempo a unha emisora de Lugo, xa que diariamente colaboran con diferentes medios de comunicación que solicitan a súa información en directo. Por último, voltamos de novo á primeira sala para que outro técnico de Meteogalicia nos amosase os diferentes aparellos que compoñen unha estación metereolóxica, o seu uso e mantemento.
Foi unha viaxe curta pero moi proveitosa pola intensidade e calidade das explicacións.
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán. Desfrutade da lectura.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
TRÍPTICO 23-24 (9).pdf | 3.97 MB |