Maio 2024

AS FAMILIAS CONTAN

 

 
 
 

 

 

ESPECIAL LUÍSA VILLALTA (RECUNCHO DA LINGUA DE RADIO ESTRADA)

Hoxe Alejandra (2º EP) e Samu ( 4º infantil) compartiron no Recuncho da Lingua de Radio Estrada dous podcasts

gravados xunto cos seus compañeiros na nosa radio escolar "Radio Codeseda"  co fin de homenaxear e coñecer a figura

de Luísa Villalta.

Poderedes escoitalos a partires do minuto 35:51 premendo na imaxe.

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2024

As Letras Galegas sempre supoñen un punto importante deaprendizaxe para o alumnado. Nesta edición, a Editorial Galaxia proporcionoulles a cada neno e nena de 3º a 6º de EP o libro “O violino de Luísa” que nos serviu como punto de partida para coñecer a autora homenaxeada: Luísa VillaltaPosteriormente, o alumnado de 1º a 6º asistiu ao Teatro Principal da Estrada para participar nunha representación de dito libro. A autora, xunto co seu compañeiro, animaron ás pequenas e pequenos a cantar e bailar con eles divertidas cancións que ata os fixeron levantar do asento! 

Xa no centro, os libros de expurgo da biblio servíronnos para crear este fermoso mural coa técnica de mosaico da autora homenaxeada, que agora adorna a entrada do cole

 

Finalmente, todo o alumnado tivo que superar unha misión: xogar, por equipos mixtos, á CAZA DO TESOURO! O premio? Uns pins de violín creados, deseñados e impresos coa impresora 3D do cole!

 

 Os grupos estaban compostos por alumnos desde os tres anos ata os maiores, e todos foron indispensables para pasar as probas: escribir en braille, construír figuras, xogar ao pasapalabra, identificar sons, ordenar as mulleres homenaxeadas ao longo dos anos...

 

A finalidade da actividade era coñecer a vida e obra de Luísa Villalta a través dos carteis que nos foran entregados da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Queredes ver as actividades? Dentro vídeo!

 

 

 

 

 

I Encontro de Centros Escolares no CMUS

O 26 de abril, todo o alumnado do noso centro, acompañado polo profesorado, participou no I Encontro de Centros Escolares

no CMUS compartindo a xornada co CPI de Vedra e alumnado do propio conservatorio.

Iniciou o acto o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de educación primaria bailando a ritmo de "Zimbolé". Seguidamente o alumnado de

5º e 6º representou "Durmindo está o león" combinando obra musical, obra teatral e danza. (Podedes velos no seguinte vídeo)

A xornada continuación amenizada polo alumnado do propio conservatorio e do CPI de Vedra.

Foi unha mañá moi especial e agardamos que se poidan continuar con este tipo de encontros nos vindeiros anos!