Outubro 2021Cociñando con herbasPara dar comezo a un novo proxecto sobre a flora silvestre tivemos a sorte do contar con Montse Fernández, nai dunha alumna de 4º de primaria, Catarina, e que non só nos ensinou algunha das plantas que podemos atopar no entorno do noso colexio, senón que tamén puidemos degustar algunha das saborosas receitas que con esas herbas elaboramos na nosa nova cociña. Preparamos unhas tortitas feitas con ovo, fariña de espelta, leite de avea, fiuncho e couselo (embigo de Venus), que acompañamos con sirope de arce e froitas (arandos, amorodos e plátano). Para rematar brindamos cun zume feito con mazás, e correolas ou llantén(maior e menor), menta silvestre (mentrastes) e dente de león.
( categories: )
Día das Mulleres EscritorasAínda que o seu día se celebrou o pasado 18 de outubro, no centro puidemos celebrar o Día das Mulleres Escritoras o venres 22 coa visita ao centro de Elvira Ribeiro, autora entre outras de obras como "Ola! Son un bicho bóla!" e coa que fixo pasar un bo rato aos máis pequenos. MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!
( categories: )
Carnets
A NOSA PDI NESTE CURSO " NATUREZA SILVESTRE" DOU LUGAR A QUE OS NOSOS CARNETS DE BIBLIOTECA FOSEN DIFERENTES AO DOS OUTROS ANOS. O EQUIPO DE BIBLIOTECA, AXUDADO POLO EQUIPO DE TICs, CONSEGUÍU UNS CARNETS ILUSTRADOS CON ÁRBORES, ARBUSTOS E HERBAS DA NOSA CONTORNA. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DE COMO QUEDOU O TRABALLO.
( categories: )
|