Este martes 16 de abril celebramos o Día da EF na Rúa. Baixo o lema de “A Educación Física e saúde mental”, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi á praza do concello para realizar unha sesión de Educación Física alí, co obxectivo de concienciar da importancia do exercicio físico na nosa saúde tanto física como social e mental.
A esta celebración acudiron nenos e nenas de distintos coles e institutos da comarca. O noso alumnado estivo durante esta sesión xogando cos rapaces/as do CEIP Manuel Villar Paramá, de Vea.
Foi, sen dúbida, unha das mellores sesións de Educación Física que tivemos durante o curso. Pasámolo xenial, coñecemos a compañeiros/as doutros coles e visibilizamos a importancia do deporte no día a día. Todo un éxito!!!
Saímos na prensa
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/04/17/gimnasio-pared...