O pasado mércores 9 o alumnado de 1º, 2º e 3º traballando os contidos do noso Plan Proxecta "Árbores do camiño", realizaron unha saída ao Monte Aloia onde fixeron unha senda e aprenderon varias especies de árbores, aves...e tamén lles ensinaron a aula da natureza. Encantoulles!
O pasado 20 de abril o alumnado de 1º a 5º de Primaria desfrutou dunha ruta guiada polos alumnos de Valmiemprega cuxo percorrido foi dende as dunas de Praia América ata a Foz do Miñor. Como fin de excursión pasaron un ratiño no parque da Ramallosa onde desfrutaron un montón!
Esta mañá os alumnos/as de 1º e 2º tiveron unha charla organizada por Valmiemprega na que lles ensinaron unha morea de cousas acerca do noso entorno natural e patrimonio.
Ao final tiveron unha ronda de xogos, pasárono xenial!
No mes de marzo e dentro das actividades programadas no nosos Plan Proxecta todos os alumnos de Primaria foron de excursión aos bombeiros. Aproveitamos para facer unha visita ao Museo Liste no que os alumnos de 1º a 3º disfrutaron dunha exposición do patrimonio etnográfico galego mentres que o grupo de 4º a 6º estiveron na mostra de "Instrumentos humildes".
Tal día coma hoxe pero en 1857 un grupo de traballadoras téxtiles decidiu saír as calles de NY para protestar polas pésimas condicións laborais as que estaban sometidas, sendo esta unha das primeiras manifestacións organizadas para loitar polos seus dereitos. Este suceso serviu de referencia para fixar esta data, 8 de marzo, como o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Dende entón, ano tras ano, seguimos defendendo os nosos dereitos, ogallá non fose necesario facelo.
O curso pasado no cole traballamos o tema da Igualdade e como colofón de todas as actividades feitas os nenos de 5º e 6º, coordinados por dúas profes, prepararon un super musical titulado "Por elas". Para os que non puidestes desfrutar del, hoxe deixámosvos un fragmento no que as nenas representaban o feito citado anteriormente. A calidade da imaxe non é excelente, pero a mensaxe é sublime.
Esta semana todos os nenos do cole fixemos un vídeo co que pretendiamos representar o noso dereito a ser; a ser todo o que queramos ser, sen deixar que ninguén nos free. Por nós, por vós, por todas as mulleres!
Como din as nenas nunha parte do vídeo: "Non me digas Feliz Dïa, levántate e loita con nós"
O pasado xoves os alumnos de 4º, 5º e 6º recibimos unha charla de dous forestais do Medio Rural na que aprenderon a importancia dos nosos montes e cal é o noso papel á hora de coidalos.