Durante 15 días do mes de febreiro a marca MERCURIO deixounos en préstamos grazas a xestión da ANPA. O alumnado desfrutou moito dos distintos xogos, faltounos tempo!
Fai dúas semanas vivimos un momento moi emocionante, a estrea do noso musical “SOS Planeta: a toda pastilla”.
Comezamos os ensaios meses atrás en horario, tanto de mañá coma de tarde, e foi moi pouco a pouco que comezamos a ver resultados. Houbo momentos nos que pensabamos que non chegariamos a tempo, que non sairía ben, que faltaba motivación, moito cansazo...sen embargo, e tal como nos di a experiencia conseguimos chegar a actuación de Vigo case co musical completo, con erros, que nos axudaron a reflexionar para poder mellorar. Para a actuación en Baiona engadimos música en directo e, para o noso parecer, alcanzamos o máximo nivel das nosas actrices e actores.
Grazas a todos eles que esforzáronse moito para memorizar un guión longo, en mellorar as súas posicións no escenario, na vocalización e expresión facial...
Grazas ás familias por colaborar en que a maioría deles acudise a todos os ensaios.
Grazas ao público que acudiu ao auditorio a gozar do espectáculo: EEI Areal e CEP Sabarís, familiares, amigos...
Grazas ás profes que colaboraron con nós en todo momento: as súas titoras e especialistas, aos que ás veces lles pedíamos algúns dos seus ocos para ensaiar; aos profes Pablo e Iria que nos axudaron coas luces e son; ao resto de compañeiros/as que soportaron momentos nosos de cansazo e desesperación con moita comprensión e cariño.
Grazas a nós mesmas, que como equipo, outro curso máis, xuntas, conseguimos sentirnos moi orgullosas e rematar este precioso proxecto extremadamente satisfeitas.
Deixamos un vídeo que reflexa o noso musical...dende o backstage!
Xa temos cartaz para a estrea do noso musical en Baiona, estades invitados a vir ao auditorio e animar aos nosos actores e actrices, de seguro gozarás do espectáculo musical!
Compartimos o vídeo presentación do programa VINCÚLATE iniciado o curso pasado, e ampliado o presente, onde participan alumnos dos distintos centros educativos de Baiona en colaboración coa asociación Palleiros de Pontevedra, Servizos Sociais e Concello de Baiona.
Este curso é distinto pero non por iso imos deixar de facer o máximo que podamos cos nosos nenos/as. Aínda que cheguemos tarde, porque a intensidade destes meses non nos permite que sexa doutra forma, celebramos nas distintas aulas con moita ilusión o Día de Rosalía.
Esperamos que desfrutedes deste recitado protagonizado polo alumnado de 5º de Primaria
o luns 18 comezará o programa de froita escolar polo que durante as vindeiras dúas semanas a todos os nenos/as do centro ofreceráselles unha peza de froita como complemento a súa merenda,