O 24 de febreiro festexamos o Día da nosa querida Rosalía de Castro; apoiamos a iniciativa da Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega, e destacamos a parte de Rosalía que loita e denuncia as inxustizas, que escribe....
Libre o meu pensamento!!!
O alumnado de 5º e 6º recita o poema " O forno está sin pan" e Cecilia, Noelia e Icia, cantan Negra sombra.
Na clase de 5º de Primaria quixemos interpretar este poema de Antonio García Teijeiro, para lembrar que todavía temos guerras que continuan destrozando vidas e sonos. Este poema escribíuse para sinalar a figura de Alí Smain, un neno que perdeu a toda a súa familia na guerra de Bagdad. Quedou sen os seus brazos e as súas pernas foron queimadas polas armas químicas.
As vidas dos nenos e nenas non deberían sufrir as pésimas decisións dos maiores!
O pasado venres tivemos a sorte de acompañar a poetisa Bea López, nunha viaxe polos seus poemas. A clase de 5º de primaria gozou co seu proxecto Noctiuluca.
Hoxe para festexar a chegada do Nadal, o alumnado de 5º e 6º de primaria deleitounos co contacontos do libro Antón e o Apalpador da editorial Barafunda, conto escrito por Manuel castro Lima e Mº Del Mar Ameixeiras. Nela narra as pericipecias de Antón cando vai de visita ao Courel a ver a súa madriña Mariña.
O mes de novembro estivo cargado de poesia no Ceip Belesar. O alumnado de 5 e 6 de Primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro co poeta David Fernández Rivera, onde nos abríu a porta a poesia visual e caligramas. O vindeiro luns 10 de decembro, acudiremos a inauguración dunha poesia visual súa no Concello de Baiona e presentaremos as obras conxuntas que fixemos nas aulas.