Skip to Content

3º Ciclo

Excursión A Coruña 5º e 6º de Primaria

O 19 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Primaria xunto aos grupos dos mesmos cursos do CPI Cova Terreña foron de excursión aos museos de A Coruña.

 

"SOS Planeta: a toda pastilla" dende o backstage

Fai dúas semanas vivimos un momento moi emocionante, a estrea do noso musical “SOS Planeta: a toda pastilla”.

Comezamos os ensaios meses atrás en horario, tanto de mañá coma de tarde, e foi moi pouco a pouco que comezamos a ver resultados. Houbo momentos nos que pensabamos que non chegariamos a tempo, que non sairía ben, que faltaba motivación, moito cansazo...sen embargo, e tal como nos di a experiencia conseguimos chegar a actuación de Vigo case co musical completo, con erros, que nos axudaron a reflexionar para poder mellorar. Para a actuación en Baiona engadimos música en directo e, para o noso parecer, alcanzamos o máximo nivel das nosas actrices e actores.

Grazas a todos eles que esforzáronse moito para memorizar un guión longo, en mellorar as súas posicións no escenario, na vocalización e expresión facial...

Grazas ás familias por colaborar en que a maioría deles acudise a todos os ensaios.

Grazas ao público que acudiu ao auditorio a gozar do espectáculo: EEI Areal e CEP Sabarís, familiares, amigos...

Grazas ás profes que colaboraron con nós en todo momento: as súas titoras e especialistas, aos que ás veces lles pedíamos algúns dos seus ocos para ensaiar; aos profes Pablo e Iria que nos axudaron coas luces e son; ao resto de compañeiros/as que soportaron momentos nosos de cansazo e desesperación con moita comprensión e cariño.

Grazas a nós mesmas, que como equipo, outro curso máis, xuntas, conseguimos sentirnos moi orgullosas e rematar este precioso proxecto extremadamente satisfeitas.

Deixamos un vídeo que reflexa o noso musical...dende o backstage!

Proximamente o vídeo oficial!

 


Senderismo: Subida á Groba

O pasado venres 3 de Febreiro subimos toda primaria ao alto da Groba!

 Podes ver e seguir dende o móbil a ruta en Wikiloc

Powered by Wikiloc

 

 

Mago Serapín

O pasado venres 16 de setembro visitounos dende Ceuta O Mago Serapín. Fixo un espectáculo cómico-máxico espectacular. Quedamos todxs abraiadxs!

Aquí tedes o vídeo!

 

 

Festipaz

Onte celebramos no cole a I edición do Festipaz. Participaron os distintos cursos de Primaria e houbo unha mistura de paz, talento e diversión.

Compartimos o vídeo para que o gocedes tanto coma nós! Esperamos que vos guste!

Vídeos do noso magosto e samáin

O pasado 28 e 29 de outubro celebramos no centro o Magosto e o Samaín. O xoves fomos ao campo de fútbol da Estivada, onde gozamos duns magníficos xogos organizados polo equipo de Dinamización para logo comer as riquísimas castañas que asamos coa axuda de Eduardo.

O venres o cole converteuse nunca casa do terror chea de vampiros, defuntos, pantasmas...foi xenial!

Deixamos uns vídeos para que vos acheguedes, un pouquiño, ao ben que o pasamos eses dous días Sorriso

 

Declamación de poemas das aulas de 3º e 5º de Primaria

Bo día familias,

o alumnado de 3º e 5º de Primaria levan traballando un tempo a poesía galega, centrándose na súa declamación (ton de voz, entoación, sentimentos, xestos...). Hoxe compartimos con vós o enlace das dúas listas de reproducción onde podedes atopar os vídeos e gozar deles,

un saúdo!

 

3º de primaria

5º de primaria

Actividade bolos celtas

Esta mañá o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Plurilingüe de Belesar desfrutaron, por quendas, dunha xornada de bolos celtas no campo da Estivada, enmarcada dentro do contrato programa subscrito polo centro “Promoción da actividade física en horario lectivo”. Nesta actividade colaborou a oito veces campioa de España Blanca Lago Misa, que estivo durante toda a xornada compartindo co noso alumnado a súa ampla experiencia, explicando e dando a coñecer aos distintos grupos as regras deste xogo para que, posteriormente, cada neno puidera practicar e gozar desta interesante actividade.


O alumnado de Educación Infantil estivo moi atento as indicacións e prácticas dos seus compañeiros de Primaria, para logo desprazarse ao campo de fútbol anexo onde puideron dar continuidade á proposta, desfrutando e compartindo coas súas mestras, distintos xogos tradicionais: bolos, corda, petanca...


Con esta actividade preténdese por en valor os xogos da nosa contorna como ben cultural

 

 

 

Proximamente máis fotos... Risa

O reto do equilibrio!

Aquí está o vídeo dos vosos equilibrios con papel hixiénico. Canta creatividade e canta paixón lle puxestes! Ben feito!

#Sairemostodosxuntos #Belesarenforma


 

Acampada na casa!

No primeiro fin de semana de maio os nenos e nenas de Belesar foron de acampada... á súa propia casa! Montaron a tenda, prepararon comida, contaron historias de medo, xogaron e, sobre todo, divertíronse!

#Belesarpodecontodo #xaquedamenos

Distribuir contenido


by Dr. Radut