Polo Día das Letras Galegas aproveitamos, grazas á profe Tere, para recuperar os nosos xogos populares máis queridos, empregando material reutilizado e reciclado. Podemos divertirnos ó mesmo tempo que axudamos a que a Terra estea sa!
A escritora Ledicia Costas, que nos ía visitar este curso, quere dedicarnos unhas verbas de apoio e agarimo nestes días de corentena. Espero que vos gusten e que sigades o seu consello: ler moito e gozar lendo!
Polo Día Mundial da Saúde tamén vos quero traer exercicios e xogos para que poidades pasalo estupendo en familia! Animádevos, son moi divertidos! #Belesarquedanacasa #euquedoencasa
Hoxe tráiovos unha merenda riquísima e moi saudable para celebrar o Día Mundial da Saúde, que se celebra o 7 de abril. Animádevos a probar! Vaivos encantar!
O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria anímavos a ser responsables e quedar na casa. Ademais dan uns consellos para desfrutar este tempo de confinamento!
Saída ó teatro para ver a obra Alice´s Adventures (en lingua inglesa) e posterior visita á exposición " A vivir que son 100 anos". 29 de xaneiro de 2020.
O pasado xoves 9 de xaneiro, os alumnos de segundo e terceiro ciclo asistimos, en Vigo, á unha actividade sobre o plástico e os seus perigos. Aprendemos divertíndonos e, por se fora pouco, aínda nos quedou tempo para un paseíño pola cidade. Nós si que sabemos!