O martes, 1 de decembro, os nenos de 2º e 3º fomos ao Teatro Afundación de Vigo aver a representación teatral “Lío en la granja”, de La Baldufa Companyia de Comediants. Nunha granxa na que conviven diferentes animais, desaparece un ovo. A partir de aí xorden desconfianzas e empeza unha gran lea entre todos os habitantes.
Todas as sospeitas diríxense cara ao corvo, recentemente chegado á granxa desde o estranxeiro. Trátase dunha sátira en forma de fábula que nos achega os conflitos actuais da sociedade contados dunha forma sinxela, reflexiva e con humor.