Skip to Content

Escolares

LEANDRO LAMAS

Como ben vos acordaredes, durante o comezo do curso, tivemos no centro a visita de Leandro Lamas, co cal quedamos tan encantados, que a través do Concello de Cerdido, repetimos a experiencia.

Así, nesta ocasión, nos tamén nos convertemos en pintores e axudamos a pintar unha das paredes do centro cunha das súas obras adicadas exclusivamente ó noso centro. A verdade é que a experiencia nos encantou e a obra artística quedou espectacular. ¡¡¡ANIMADESVOS A VIR A VELA EN DIRECTO Ó CENTRO!!!!

        

Saída a AldeaNova

Aproveitando que os máis maiores do cole marcharon de viaxe a Madrid, os peques decidimos facer unha viaxe a Granxa Escola de Aldea Nova. Foi unha mágoa que o tempo non nos acompañará algo máis na nosa saída, pero aínda así...¡¡¡O PASAMOS PIPA!!!!

 

       

 

 

Letras galegas

O mes de Maio veu cargado de celebracións e conmemoracións como foi o Día das Letras galegas. Así, desde a Biblioteca do Centro, así como o Departamento de Educación Física e o Concello de Cerdido promovéronse diversas actividades como:

XOGOS POPULARES

                   

 

              

 

ALFOMBRA FLORAL DE CARLOS CASARES (AUTOR HOMENAXEADO NO 2017)

           

 

 

GHAZAFELLOS

          

Día de Europa

Empezamos un novo mes, e con el  seguimos coas conmemoracións no noso centro. Así, o pasado Luns 9 de Maio, celebramos o día de Europa, para o cal era moi necesario saber primeiro: "¿Qué é Europa?". Porén, os máis maiores do cole, deron unha auténtica clase maxistral de xeográfica (¡¡¡Moi ben polos seus mestres/as!!!!) e, así, observamos nunha curtametraxe todo o que os nosos "compis" nos acababan de ensinar. Máis tarde, cantamos entre todos/as unha canción relacionada co tema e decoramos a bandeira da Unión Europea. 

                                    

 

                                   

Semana do libro. Premios Concurso contos Cerdido e actuación musical

A semana do libro deu moito de si, xa que ademáis da Feira do libro, os apadriñamentos lectores, a visita de Ánxela Loureiro e diversas actividades a nivel aula, tivemos a sorte de asistir a unha actuación musical a cargo de "La guagua", a cal tiña como tema central a importancia da lectura. Igualmente, foi o día que coñecemos ós diversos gañadores do Concurso de contos de Cerdido. Ademáis, tivemos un montón de regalos da man do Concello, ¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!!!

Así, tivemos diversos gañadores por aula. ¡¡¡NORABOA A TODOS/AS!!!!

5º e 6º de Educación Primaria: Irene Rico García.

3º e 4º Educación Primaria: Samanta Luaces Serantes.

1º e 2º Educación Primaria: Enma Mourente Figueiras.

Educación Infantil: PREMIO COLECTIVO A TODA A CLASE. 

Velaquí algunha proba do ben que o pasamos.

                                   

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut