Continuamos coas nosas rutinas de ABN, sobre as cales, e para estar comezando, somos uns cracks. Así, e despois do traballo de moitos - poucos - nada, seguimos avanzando con "pon máis ca min" - "pon menos ca min" - "pon igual ca min"...
Igualmente, en sesións posteriores, realizamos o mesmo proceso por parellas e tendo de referencia un modelo. A cousa empezouse a complicar, xa que tiñamos que estar moi atentos, porque cada un debía seguir unha consigna diferente.
Máis tarde, realizamos equivalencias de secuencias, algo que pode parecer sinxelo pero que leva moito traballo detrás. Así, deben ser capaces de orientarse espacialmente, ubicar cores, cantidades, posicións, equivalencias... SEGUIREMOS PROFUNDIZANDO NESTA TAREFA.
En días posteriores, realizamos unha carreira numérica, de forma que, aproveitando a recta dos números que temos no chan da aula, cada un asignouselle unha cantidade. Así, debían acordarse da mesma, xa que no pistoletazo de saída, debían coller os cubitos de cores, volver ó seu número e que a cantidade de elementos fose correcta.
Posteriormente complicámolo, xa que debían cambiar os seus cubiños cun compañeiro/a, contar a nova cantidade e ir correndo a buscar o seu novo número....A VERDADE É QUE NUNCA NOS GUSTARON TANTO AS MATEMÁTICAS.
Finalmente, nunha das derradeiras sesións de ABN, realizamos e buscamos conxuntos idénticos. Así, cada un tiñamos un plato cunha cantidade determinada de elementos, debíamos saber cantos eran e correr a buscar ó noso "compañeiro igual" pola clase.
CONTINUARÁ