Continuamos co traballo co noso Concello e así, vamos a preparar unha auténtica guía turística sobre a zona. NON HAI PRESA!!!! Xa tedes un mapa no que están recollidos os lugares máis importantes, así que vamos a investigar un pouco máis todavía e a recoller toda a información posible. REPITO, NON HAI PRESA!!! As cousas con calma saen moito mellor.
Así, imaxinade que sodes unha axencia de viaxes e eu unha persoa francesa que decide ir a coñecer Cerdido, polo que chamo á vosa oficina para organizar a miña viaxe. Así, quero saber o seguinte:
1. Como podo ir ata Cerdido? (Lémbrade que son unha chica francesa que viaxo xunto a miña familia e un animaliño, debe ser un transporte apto para tod@s).
2. Canto pode costarme ir ata alí? (tede en conta que somos tres e unha cadeliña, poden investigar nalgunha páxina web de organizar viaxes ou no google maps para saber o número de kilometros que teño se a vosa opción é o coche ou a autocaravana.)
3. Que debo levar? (Viaxaremos en decembro do 2020, se é que a pandemia remitiu xa).
4. Onde podo aloxarme e canto costará segundo os días que vou pasar alí? (pongamos que son 5 noites).
5. Tendo en conta que o que busco é relaxación, cumpre as miñas necesidades o destino elexido?.
6. Cantos habitantes ten?.
7. Que concellos e sitios interesantes rodean Cerdido?
8. Que mares temos preto? Ríos?
9. Temos montañas?
10. Cal é a gastronomía propia do lugar?
11. Algunha cita relevante na época na que vou? Ou algunha recomendación para cambiar de data para que non me perda algo super interesante na zona?
Podedes empregar pequenas anotacións en post its ou anacos de papel para cada unha das vosas investigacións sobre o tema ou, simplemente un papel e vamos rexistrando todo.
Cando teñades toda a información, decidide como vades a comunicala, vídeo, imaxes, pequeno folleto informativo, texto, un audio en conversación... SEDE CREATIVOS E POUCO A POUCO.
Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos !!!!
ANÍMADEVOS!!!!