Empezamos un novo mes, e con el seguimos coas conmemoracións no noso centro. Así, o pasado Luns 9 de Maio, celebramos o día de Europa, para o cal era moi necesario saber primeiro: "¿Qué é Europa?". Porén, os máis maiores do cole, deron unha auténtica clase maxistral de xeográfica (¡¡¡Moi ben polos seus mestres/as!!!!) e, así, observamos nunha curtametraxe todo o que os nosos "compis" nos acababan de ensinar. Máis tarde, cantamos entre todos/as unha canción relacionada co tema e decoramos a bandeira da Unión Europea.