A semana do libro deu moito de si, xa que ademáis da Feira do libro, os apadriñamentos lectores, a visita de Ánxela Loureiro e diversas actividades a nivel aula, tivemos a sorte de asistir a unha actuación musical a cargo de "La guagua", a cal tiña como tema central a importancia da lectura. Igualmente, foi o día que coñecemos ós diversos gañadores do Concurso de contos de Cerdido. Ademáis, tivemos un montón de regalos da man do Concello, ¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!!!
Así, tivemos diversos gañadores por aula. ¡¡¡NORABOA A TODOS/AS!!!!
5º e 6º de Educación Primaria: Irene Rico García.
3º e 4º Educación Primaria: Samanta Luaces Serantes.
1º e 2º Educación Primaria: Enma Mourente Figueiras.
Educación Infantil: PREMIO COLECTIVO A TODA A CLASE.
Velaquí algunha proba do ben que o pasamos.