Skip to Content

novas_infantil

Imaxes de mandalas e clasificacións de elementos naturais.

Ola familias!

Hoxe traemos unhas imaxes das propostas semanais anteriores. Nelas podemos ver mandalas elaborados con flores e follas e tamén algunhas clasificacións destes elementos para o seu conteo. 

Moitas grazas por estes traballos tan fermosos e creativos!

Un saúdo.

                          A coordinadora de ciclo

 

 

 

Propostas para a semana do 18/05

Bos días familias!

Enviamos a proposta de actividades educativas para esta semana (xa enviado aos vosos correos).
Como ben sabedes, onte 17 de maio, celebrouse o día das Letras Galegas. Por iso, enviamos unha proposta de actividades baseada nesta conmemoración. O homenaxeado foi  Ricardo Carballo Calero. 
-Podedes ver algún aspectos da súa biografía no seguinte enlace:  https://www.youtube.com/watch?v=mZPZ66OyVGk
 

-Unha das súas obras máis coñecidas é  “As pitas baixo a choiva”. Podedes vela no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=8VrdvVwY1rA&t=156s

Logo poden debuxar as pitas e escribir ou copiar o título do conto.

-Neste enlace podedes facer un xogo  con diferentes probas sobre Ricardo Carballo Calero: 

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

 Ricardo tiña apelido con nome de árbore. Fixádevos nos vosos apelidos. Algún ou algunha de vós se apelida Carballo, Pereira, Castiñeira…? Incluso poida que algunha de vós teña os mesmos apelidos que este escritor. 

-Podedes aprender o nome dalgunhas árbores que teñades cerca da casa e recoller algunha das súas follas.

-A ver se atopades a folla do carballo e algún bugallo como os da seguinte imaxe:

image.png

 

-Coas follas que recollades, podedes pegalas nun folio ou cartolina e escribir o nome da árbore.

-Podedes medir as follas cunha cinta métrica ou regra e escribir o número da súa medida  (centímetros).

-Comparar que follas son máis grandes e que follas son máis pequenas.

-Contar cantas follas recollestes.

-Pintar as follas con témpera ou outra pintura que teñades na casa e estampalas nun folio coma no seguinte exemplo:  https://www.pinterest.es/pin/293789575683825393/

-Tamén poden repasar a silueta das follas nun folio  e colorealas ou escribir/copiar as súas palabras favoritas en galego dentro delas.  

-Podedes escoitar e bailar algunhas cancións nos seguintes enlaces:

Varias cancións sobre “As pitas baixo a choiva” http://aspitas.gal/

Meu o mundo é!: https://www.youtube.com/watch?v=F1e0wAcXcgw

Muiñeira de Lugo: https://www.youtube.com/watch?v=hr2hTaiNrAc

Esta muiñeira bailámola o ano pasado no cole con motivo do Día das Letras Galegas  e gustoulles moito.

 -Enviamos dous documentos PDF aos vosos correos onde podedes ler un conto dos Bolechas dunha das obras de Carvalho Calero e tamén o seu conto ilustrado “As pitas baixo a choiva”.

 -Podedes facer actividades interactivas sobre o autor neste enlace: 

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/ 

Seleccionade o curso de cada neno/a para entrar nos xogos. 

-Podedes imprimir algunhas fichas no seguinte enlace: http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/ 

Seleccionade o curso de cada neno/a para poder descargar o documento. Se as imprimides todas non as fagades soamente nesta semana porque son moitas e levará máis tempo (por norma xeral). Non é necesario facelas todas, son máis importantes as actividades experienciais.

-Recordade facer algún reto de psicomotricidade do profe Jose no seguinte enlace: https://auladejosebainas.blogspot.com/2020/04/movete.html

 Esperamos que vos gusten moito. Coma sempre, podedes enviarnos as vosas fotografías das actividades. 

Moitas grazas pola vosa colaboración e esforzo. Saúdos!  

Imaxes das propostas sobre a primavera

Ola familias!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes das actividades que vos propoñíamos fai unhas semanas sobre a primavera. 

Moitas grazas pola vosa creatividade e colaboración! 

Saúdos.

                    A coordinadora de ciclo.  

Propostas para a semana do 11/05

Bos días familias!

Deixámosvos unha proposta de actividades educativas para esta semana, xa enviada aos vosos correos electrónicos. Serían as seguintes: 

-Ver o conto de “Unha eiruga moi larpeira”. Podedes velo en galego: https://www.youtube.com/watch?v=4rsZf13rRno e tamén en castelán: https://www.youtube.com/watch?v=h6HRpwcl9gg

-Contar as froitas que tedes na casa. Primeiro, clasificar as mazás coas mazás, as laranxas coas laranxas… e finalmente contar e rexistrar por escrito canta froita hai de cada tipo. Por exemplo:  escribir ou copiar “3 LARANXAS” e debuxar e colorear 3 laranxas.  Como xa comentamos noutras ocasións, canto máis maiores sexan os nenos e nenas mellor será o trazo, pero é importante que todos o intenten para ir mellorando.

-Facer unha rica merenda en forma de eiruga. Podedes ver algúns exemplos nos seguintes enlaces:

https://www.pinterest.es/pin/72972456432248060/

https://www.pinterest.es/pin/57913545183333461/

https://www.pinterest.es/pin/98375573099482000/

https://www.pinterest.es/pin/714031715908778220/

Unha vez feita a súa merenda poden escribir ou copiar cales foron as froitas que usaron e debuxalas.

-Estampar con pintura de dedos ou outra similar o seu dedo tantas veces como se lle pida polo número. Deixamos un exemplo neste enlace: https://www.pinterest.es/pin/819795938402379111/

Se non tedes pintura de dedos, poden realizar esta actividade simplemente facendo círculos cun rotulador ou cera. Podedes descargar a plantilla no correo electrónico xa enviado. Se non contades con impresora, pódese facer a man porque é rápido e sinxelo. Para o alumnado de 3 anos incidir especialmente nos números do 1 ao 3, para o alumnado de 4 anos, do 1 ao 6 e para o alumnado de 5 anos do 1 ao 10.

-Facer un lapiseiro para a casa en forma de eiruga.  Simplemente habería que pintar os cartóns de papel hixiénico e pegalos nunha base. Podedes velo no seguinte enlace: https://www.pinterest.es/pin/476607573068823722/

- Actividades de lóxica-matemática con tapóns de botellas. Poden facerse actividades de asociar o número á  cantidade, series e clasificacións. Podedes ver a explicación no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=zT3ApY-N17g

-Deixamos o enlace aos retos de psicomotricidade do profe Jose, por se queda alguén que non os fixera. https://auladejosebainas.blogspot.com/2020/

 

O venres 15 de maio celébrase o día da familia. Por iso propoñemos  algunhas actividades tales como:

-Ver os álbums de fotos antigos e actuais e compartir historias cos nenos e nenas, onde lle podedes ir amosando os seus familiares e o paso do tempo.

-Facer un debuxo da familia onde escriban ou copien os nomes das persoas que a forman.

-Completar ou facer a árbore xenealóxica da familia. Adxunto un PDF con algún exemplos. Escollede e imprimide o que máis vos guste e sirva de axuda ou creade o voso propio. 

Tamén podedes ver algún vídeo sobre a árbore xenealóxica nos seguintes enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=Qckmvzk8cY8

https://www.youtube.com/watch?v=TNpY2O6O9Ts

-Escoitar a canción “Eu teño alguén no meu corazón”: https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es

Esperamos que vos atopedes ben e que vos gusten moito as actividades.
Grazas e saúdos! 

 

Imaxes das brochetas de froita

Estimadas familias:

Unha das actividades que propoñíamos fai unhas semanas era a elaboración dunha merenda saudable. Concretamente, unhas brochetas de froita realizando series matemáticas en base á cor ou á froita. 

Aquí deixamos as imaxes que nos enviastes. As brochetas quedáronvos ben coloridas, saborosas e saudables!

 

Moitas grazas polas imaxes e un saúdo. 

                                         A coordinadora de ciclo 

Recomendacións de contos

Ola familias!

Con motivo do Día do Libro (23 de abril) propoñíamos que os/as peques da casa nos fixeran unha recomendación do seu conto favorito. 

Aquí deixamos unha enviada por un neno de Educación Infantil, escrita por el mesmo. O seu conto favorito é "FROZEN: UNHA NOVA AVENTURA". 

Moitísimas grazas por esta recomendación lectora. Esperamos que vos guste!

Saúdos.

                        A coordinadora de ciclo

Imaxes da receita da pizza

Bos días familias!

Fai unhas semanas propoñíamos facer unha pizza e escribir a receita. Aquí vos deixamos imaxes da pizza feita por unha das nenas de  Educación Infantil e os ingredientes da súa receita escritos por ela.

 

Moitas grazas polas imaxes, seguro que a pizza estaba riquísima! 

Saúdos. 

                                                            A coordinadora de ciclo

 

 

Propostas para a semana do 4/05

Bos días familias!

Enviamos unha proposta de actividades para esta semana. Son as seguintes: 

-Escoitar un conto sobre a primavera:https://www.youtube.com/watch?v=kwCnBYs2QvA

-Aprender vocabulario sobre a primavera nestes vídeos:

3 anos: https://www.youtube.com/watch?v=D4uevmVW_OU

4 anos: https://www.youtube.com/watch?v=J9-hGL9RaZg

5 anos: https://www.youtube.com/watch?v=HDCvWW-NoLQ

Se é posible, podedes recoller algunhas flores dando un  paseo polo campo, xa que con elas faremos as seguintes actividades.

-Actividades de lóxica-matemática. Algúns exemplos son:

Contar cantas flores recolleron.

Facer grupos de 2, 3 ou 4 elementos coas flores ou cos seus pétalos.

Coller tantas flores ou pétalos como se lle piden Posteriormente poden debuxar e escribir o número de flores que lle digades.

Clasificar as flores por cores (facer grupos coas que son iguais)

Facer series coas flores segundo a cor. Por exemplo: violeta-amarela-violeta-amarela

Se non puidérades ir a pasear todas estas actividades, poden facerse con obxectos da casa, como por exemplo tapóns de diferentes envases que teñades gardados ou calquera outro material.

-Actividades de lectoescritura e plástica: debuxar as flores recollidas e escribir ou copiar o seu nome.  Hai que ter en conta as diferenzas de idade onde os máis maiores trazarán mellor pero é importante que o vaian intentando todos para mellorar.

En todos os traballos que fagan o alumnado de 3 anos debe escribir ou copiar o seu nome e o alumnado de 4 e 5 anos escribir o seu nome e copiar a data do día.

A maiores, poden debuxar e escribir ou copiar o nome dalgún insecto que vírades no paseo ou nos enlaces que enviamos.

Tamén podedes buscar no ordenador insectos e flores, especialmente se non puidestes saír a dar un paseo.

-Elaborar un mandala coas flores. Aquí vos deixamos algúns exemplos de mandalas feitos con flores e elementos do medio natural:

 

-Actividades do medio natural: xerminar lentellas ou garabanzos. Para iso podedes coller un vaso de iogur limpo ou outro recipiente, poñer algodón, mollalo con auga e poñer lentellas e/ou garabanzos. Co paso dos días se vedes que o algodón se seca, engadido un pouco máis de auga. 

Rodear no calendario o día no que plantaron as lentellas e os garabanzos. Ir rexistrando diariamente ou cada 2 ou 3 días a evolución: poden escribir cantos días pasaron e debuxalo. Así poderán comprobar e rexistrar o seu crecemento. Poden ir tachando o paso dos días no calendario e incluso buscar o número que lle digades no mesmo calendario. Recordade no caso do alumnado de 3 anos incidir do número  1 ao 3, no alumnado de 4 anos do número 1 ao 6 e no alumnado de 5 anos do número 1 ao 10).

 

 

 

 

-Podedes escoitar cancións sobre a primavera:

A primavera: https://www.youtube.com/watch?v=MuLHfNXP0C8

A primavera de Vivaldi: https://www.youtube.com/watch?v=l4Ad6pZ8vEQ

La primavera ya llegó. Rock infantil: https://www.youtube.com/watch?v=ta980wQglKA

Los sonidos de la primavera: https://www.youtube.com/watch?v=IY1bcIw0cnk

Primavera: https://www.youtube.com/watch?v=eFZsUKt_3g8

Tamén podedes facer actividades interactivas sobre a primavera con conceptos de lóxica-matemática e achegamento á lectoescritura:

http://actividadeslim.blogspot.com/2011/03/xa-esta-aqui-primavera.html

http://actividadeslim.blogspot.com/2012/04/blog-post.html

Escollede algunha destas actividades plásticas sobre a primavera:

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-para-celebrar-la-llegada-de-la-primavera/

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-de-flores-para-recibir-la-primavera/

Para cantar e bailar deixámosvos “o  xogo da carrasquiña”: https://www.youtube.com/watch?v=CWokcHkxnpg

Coma tódolas semanas, podedes enviar as vosas fotografías con algunhas das actividades. Esperamos que vos gusten e que os nenos e nenas desfruten con elas ao tempo que aprenden e repasan conceptos. 

Xa por último, queremos informarvos de que as titoras de educación infantil  temos pensado realizar unha videoconferencia co noso alumnado este venres ás 5 da tarde para que se poidan ver cos seus compañeiros e compañeiras e para que nos conten que fan e a que xogan estes días. Será un pequeno momento para compartir o vivido. O xoves pola tarde volveremos recordárvolo e enviaremos as instruccións para esa videoconferencia aos vosos correos. Non vos preocupedes porque é sinxelo! Se houbese algún cambio xa vos avisamos. 

Coidádevos moito familias! Moitas grazas e un saúdo.  

 
 

Propostas para a semana do 27/04

Bos días familias!

Enviamos unha proposta de actividades para esta semana (xa enviadas aos vosos correos electrónicos). Son as seguintes: 

-Elaboración da receita de brochetas de froita que podedes ver no seguinte enlace: 

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1878/Receta_Brocheta_de_frutas.pdf

Poden ler a receita con axuda e incidindo no son das letras  a medida que se vai facendo.

Durante a realización das brochetas poden facer series: fresa-mazá-fresa-mazá. Máis opcións serían: plátano-pera-kiwi, plátano-pera-kiwi ou como vos apeteza. 

Tamén poden contar cantos cachiños de froita ten cada brocheta, cal ten  máis, cal ten menos, cantas hai de diferenza… Así poden traballar conceptos propios da lóxica-matemática. A maiores,  e especialmente os máis pequenos, poden dicir as cores das froitas.

Unha vez cociñada, poden escribir a receita das brochetas de froita. Cando escribades a receita poden escribir como eles saiban, completar algunhas letras ou copiar o título. Poden recortar os alimentos dunha folla impresa ou debuxalos e colorealos. Os máis maiores ou os que se animen poden escribir os pasos realizados.

Cando escriban a receita pódese incidir no son das letras, non tanto no seu nome. Así aproximaranse a lectoescritura a través de textos reais e con sentido para a vida presente e futura.

-Recomendacións de contos: esta actividade consiste en que leades conxuntamente  o seu conto favorito. Logo, podedes sacar unha foto do neno ou da nena lendo ese conto que nos podedes enviar xunto cun comentario no correo de por qué lle gusta ese conto, por qué llo recomenda  aos seus compañeiros e compañeiras… Intentade por favor que non se lles vexa a cara, para manter a protección de datos e da imaxe posto que estas imaxes e recomendacións subirémolos ao blog de infantil do colexio. Deste xeito favorécese á animación á lectura. 

-Conto "O monstro de cores" que podedes ver no seguinte enlace:  https://www.youtube.com/watch?v=t8yy_AIeTAA

Algunhas actividades a partir do conto son:

-Debuxar os monstros e pintalos de diferentes cores.

-Pensar en que cousas lle fan sentir esas emocións e expresalas.

-Nun bote ou caixa poden ir gardando algúns papeis nos que  debuxaran e escribiran como eles saiban algo que lles producira alegría ese día/semana. Escribir por debaixo o que quixo escribir o neno/nena. Pódese facer durante todo o confinamento e ao final abrir o bote para ver tantos bos momentos compartidos en familia. Así, incidiremos na importancia das emocións, importantes sempre e moito máis neste confinamento. 

-Actividades interactivas sobre o conto: http://actividadeslim.blogspot.com/2015/09/el-monstruo-de-colores.html

 

-Cancións para cantar e bailar:

El baile de las emociones: https://www.youtube.com/watch?v=cpr7ttt1sOQ

Canción dos dedos das mans: https://www.youtube.com/watch?v=PxzGHfyaMPY

Covid que te vin: https://www.youtube.com/watch?v=Y9r_KPV4JPg&t=99s

Canción para moverse: https://www.youtube.com/watch?v=IqG2DWhzHyI

 Eu son un artista: https://www.youtube.com/watch?v=TCiMgJDeSXc

A música e o movemento do corpo é fundamental para o desenvolvemento das nenas e nenos e moito máis agora. 

-Outra actividade sería recortar e pegar papeis de revistas, periódico ou papeis que non sirvan. Para o alumnado de 3 anos é unha tarefa complicada recortar con tixeiras polo que de facer esta actividade necesitarán bastante axuda. Para eles a mellor opción sería romper coas mans os papeis.Finalmente todo o alumnado poderá realizar un collage con todos os papeis.  Así, mellorarán na súa psicomotricidade fina. 

 

 

Xa por último, unha páxina web para xogar coas cores en movemento que podedes ver no seguinte enlace: 

https://paveldogreat.github.io/WebGL-Fluid-Simulation/

Esperamos que vos gusten as actividades e que vos atopedes ben. Como sempre, podedes enviarnos fotografías das actividades que realicedes ao correo de infantil. 

Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo. 

 

Imaxes do traballo realizando con plastilina caseira

Bos días familias!

Unha das propostas de fai uns días era facer plastilina caseira, xogar con ela, modelar letras, números... todo o que quixerades! 

Pois aquí deixamos un collage feito coas imaxes que enviastes. Está claro que os/as peques do cole están feitos uns artistas! 

Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo. 

                                               A coordinadora de ciclo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut