Skip to Content

novas_infantil

Propostas para a semana do 20/04

Bos días familias:

 
Para esta semana deixámosvos algunhas propostas que podedes realizar. Como sempre vos dicimos, se queredes podedes enviarnos as vosas fotos a este correo. As actividades son as seguintes: 
 

-Facemos a receita da pizza. Podedes vela adaptada aos nenos e nenas neste enlace: 

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1878/Receta_Pizza.pdf

Así, para sacarlle máis partido educativo podedes ler a receita, cociñala e posteriormente escribila nun folio.

Durante a realización da receita, podedes incidir en cantos ingredientes hai de cada tipo (contar), recordar cores… e sobre todo facer partícipes aos peques. 

Cando escribades a receita poden escribir como eles saiban, completar algunhas letras ou copiar o título. Poden recortar os alimentos dun folleto de supermercado ou debuxalos e colorealos. Os máis maiores ou os que se animen poden escribir os pasos realizados. Tamén poden valorar do 0 ao 10 canto de ben lles soubo a pizza.

 

- Asociar cantidades a números: https://www.pinterest.es/pin/714594665856998751/

Pódese facer esa pizza de xoguete con cartón, cartolina ou papel para que os nenos sitúen en riba do número o cachiño de pizza que ten ese número de ingredientes. Outra opción é simplemente que collan tantos tapóns (ou outro obxecto) como número lle pedides (oral ou escrito).

 

Que forma xeométrica ten a nosa pizza: é un círculo, un cadrado ou un rectángulo?  

 

- Facemos ioga no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=sIbdc-lNXjU

 

 Facemos témpera caseira: https://www.youtube.com/watch?v=1ri6--ZahfU

Unha vez feita poden pintar con ela. Se xa tedes témperas ou calquera outra pintura na casa podedes usala directamente sen ter que facela.

 

-Vemos e escoitamos un conto: https://www.youtube.com/watch?v=BIgcMO8a7b8

Unha vez visto o conto poden debuxar algún personaxes.

 

Escoitamos cancións:

-Giraluna, girasol: https://www.youtube.com/watch?v=HYQLRSl0KT4

-Dime que fixeches: https://www.youtube.com/watch?v=4jtbAyVC7A0

-O tío Nicanor: https://www.youtube.com/watch?v=QMrpNPHj-D4

-Radio Bule Bule: https://www.youtube.com/watch?v=GrediASDgXM

-A granxa: https://www.youtube.com/watch?v=HPToSwNoiws

 

-Adiviñamos que palabra queda para traballar a conciencia fonolóxica:

https://www.youtube.com/watch?v=fUUwbfyTIbs

 

-Xogos de discriminación auditiva:

https://www.youtube.com/watch?v=ZF29rHlRLZk

 

Xa por último, que  xoguen moito e que colaboren nas tarefas da casa para mellorar a súa autonomía, os hábitos de orde e a psicomotricidade grosa e fina. 

Esperamos que vos atopedes todos e todas ben. Saúdos e moito ánimo!

 

Novas propostas

Ola familias!

Propoñemos algunhas actividades  lúdicas para esta semana, como sempre, son voluntarias e xa as tedes no voso correo electrónico.  
 
-Enviamos aos vosos correos un PDF cuns ovos de pascua para imprimir nos que poden pintar con ceras, rotuladores, acuarela...  pegar papeis, pegatinas, lana ou calquera outro material. En definitiva, para decorar como os nenos e nenas queiran. Se non tedes impresora na casa, podedes debuxarllos nun folio. 
 
-No seguinte enlace hai adiviñas para estimular a linguaxe
 
-Neste enlace podedes ler varios contos
 
-Xogo para mellorar a atención e a memoria que podedes ver no seguinte enlace:
 
-Podedes facer plastilina caseira seguindos estas sinxelas instruccións, xa enviadas aos vosos correos.
 
Ingredientes:
-3 tazas de fariña
-1 taza de sal fina
-1 taza de auga
-3 culleradas de aceite de xirasol
-colorante
 
Elaboración:
1º Poñer tódolos ingredientes nun cazo e mesturar ben.
2º Se queda moi dura, engadide un pouco máis de aceite.
3º A xogar!
 
 
Coa plastilina as nenas e nenos poden facer tantas boliñas como o número que lle pidades, moldear letras, números, formas xeométricas... 
 
E por suposto, que xoguen moito porque o necesitan. 
Esperamos que lles gusten estas propostas aos/ás peques da casa! 
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!
Un saúdo. 
 
 

Imaxes das merendas saudables creativas

Ola familias!

Deixamos as imaxes que nos enviastes das merendas saudables creativas. Quedáronvos ben bonitas, saborosas e saudables!

Moitas grazas e saúdos. 

                                             A coordinadora de ciclo

 

Propostas voluntarias para as vacacións de Semana Santa

Ola familias!

As titoras de educación infantil enviamos unha proposta para estes días de Semana Santa nos que estaremos de vacacións. Como sempre, é algo voluntario e xa enviado ao voso correo electrónico. Enviamos as seguintes propostas:
-Podedes ver e escoitar contos: http://www.kalandraka.tv/es/
 
-Facer receitas moi saborosas:

https://saposyprincesas.elmundo.es/recetas/dulces/dulces-de-pascua-para-ninos/

https://saposyprincesas.elmundo.es/recetas/dulces/recetas-de-huevos-de-pascua-para-ninos/

-Xogar na casa:

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/ideas-para-jugar-con-ninos-en-casa-de-3-a-6-anos/

 

-Usar aplicacións tales como:

Chatter pix by duck duck moose: esta app para nenos/as consiste en facer falar a obxectos inanimados, reproducindo o que acaban de dicir os peques.

Podedes descargala aquí:    https://play.google.com/store/apps/details?id=com.duckduckmoosedesign.cpkids&hl=es_419  

 

Quiver: os debuxados dos nenos cobran vida, é o que se coñece como realidade aumentada. Pero ollo, soamente os debuxos que se imprimen da propia aplicación. Podedes descargala neste enlace: 

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.puteko.colarmix&hl=es_419

E sobre todo XOGAR!

Esperamos que estedes ben e que desfrutedes da Semana Santa na medida do posible.

Saúdos e moitos biquiños para os/as nosos/as peques! 

Experimento: abren as flores

Bos días familias:

Propoñemos un novo experimento xa enviado aos vosos correos electrónicos. Neste caso vai sobre flores, xa que nos atopamos en primavera. 

Deixamos aquí o enlace do vídeo onde podedes ver en que consiste: 

 https://www.youtube.com/watch?v=fcs9j6XjWfw

 Adxuntamos  no correo que vos enviamos un PDF coas instruccións escritas e unha plantilla de flores por se a queredes imprimir, aínda que tamén o podedes debuxar e recortar.

Esperamos que lles guste moito aos/ ás peques da casa. 

Saúdos. 

Enlaces e aplicacións educativas

Ola familias!

Deixamos aquí enlaces e aplicacións de interese xa enviadas aos vosos correos electrónicos. 

Propoñémosvos visitar a páxina de EDUCLAN de 3 a 5 anos. É para toda a etapa de educación infantil. Podedes velo no seguinte  enlace: 

https://www.rtve.es/educlan/3-5-anos/

 Pola súa parte a editorial SM ten actividades gratuitas ás que podedes acceder aquí: 

 https://www.grupo-sm.com/es/yoaprendoencasa-infantil

 Por último a editorial Santillana permite descargar gratuitamente dúas aplicacións educativas (PUPITRE e LAS 3 OVEJAS).  Podedes velo neste enlace:

 https://santillana.es/apps-familias/

 Xa vos enviamos ao correo o usuario e contraseña para poder entrar nelas. 

Ademais no correo enviámosvos actividades impresas personalizadas para cada curso.  Por suposto, todo é voluntario. 

Saúdos.  

LAND ART

 

Ola familias:

Unha das propostas voluntarias que vos enviamos fai uns días a través do correo electrónico era a de recoller algúns elementos naturais dos vosos xardíns ou hortas da casa tales como pedras, follas, flores, paus ou herbas.  Con eles  podíades crear algunhas letras como as do abecedario, o  seu nome, números...  e logo escribilos en papel. 

Tamén podían facer outro tipo de creacións artísticas con ese mesmo material (land art). 

Pois aquí deixamos un collage coas imaxes que nos enviastes.

 

 Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo. 

 

 

EU SON ATLETA CONTRA O CORONAVIRUS

 Boas a todos os alumnos e alumnas do CEIP BAIÑAS:

 

Como sabedes estamos pasando por uns días complicados ,a cousa é tan importante QUE NON PODEMOS NIN IR AO COLE! 

 

Seguramente moitos dos vosos profesores e profesoras xa vos mandaron tarefas para facer na casa de matemáticas, lingua, inglés, relixión, etc… Pero… que pasa con educación física?

 

 Non vos preocupedes porque moi pronto volveremos á nosa vida de antes e poderemos volver gozar co deporte e exercicio físico como antes faciamos cos demais nenos e nenas.

 

Dende o CEIP DE BAIÑAS e incluído no PLAN PROXECTA, propoñémosvos a todos os nenos e nenas , un reto de 10 días, ao que chamaremos: #EuSonAtletaContraOVirus

 

Consiste en que cada día e durante 10 días seguidos realizaremos un reto nas nosas casas. Podemos facelo sós, coa axuda doutro neno ou nena ou dalgunha persoa adulta. Ademais dos retos diarios que debedes facer cada día propoñemos, a maiores, que cada quen poida inventar os seus propios xogos e exercicios motrices. Podedes mandarnos imaxes dos exercicios ao correo do centro; ceip.bainas@edu.xunta.es

Os retos diarios publicareinos no meu blog donde teredes que entrar ,ver o video e realizar o reto.

 

 

Blog: https://auladejosebainas.blogspot.com/

CORREO:jose.manuel.santos@edu.xunta.es  

Merenda saudable e divertida

Bos días familias:

Para o día de hoxe propoño facer unha merenda saudable con froitas. A alimentación saudable é fundamental para as nosas vidas e é na etapa de educación infantil onde se asentan as bases da educación para a saúde. 
 
Neste sentido, podedes recordar cos nenos e nenas as cores das froitas, algunhas formas xeométricas, contar cantas froitas usamos, que eles mesmos corten as froitas con coitelos de plástico (para que non se fagan dano), contar en cantos cachiños cortamos as froitas... 
Seguro vos queda unha merenda saudable, saborosa e moi divertida!
Sobra dicir que poden ser as nenas e nenos os que elaboren o seu prato coas froitas que queiran. 
Outra proposta  é debuxar as froitas empregadas e escribir (como eles/as saiban) ou copiar o nome desa froitas. Tamén poden fotografiar a súa merenda e incluso debuxar o prato unha vez que o teñen preparado. A maiores poden recortar froitas dun catálogo de supermercado e pegalas dentro do debuxo dun prato. Como podedes ver, un mundo de posibilidades para aprender con algo tan simple como unha merenda.
Podedes enviar as vosas fotografías se queredes ao correo polo que vos enviamos estas mesmas propostas. Espero que vos guste moito!
 
 Saúdos. 
                                     A coordinadora de ciclo
 
 

App educativa e cancións

Estimadas familias:

Envíovos o enlace dunha aplicación educativa. Nela aparece fantasmín e se ides pinchando nas diferentes partes do castelo van saíndo actividades. Serve para ordenador e tablet. Engado o enlace: 

 http://recursostic.educacion.es/infantil/fantasmin/web/a/aa_02vf.htm

 

Tamén deixo unha selección de cancións infantís:

Lúa: https://www.youtube.com/watch?v=PWQwmtn4PUo

Que é o que ten a sopa do nené?: https://www.youtube.com/watch?v=npkR82ERM4c&t=58s

O galo canta: https://www.youtube.com/watch?v=GmTr3oMQd7w

Rosalía pequeniña: https://www.youtube.com/watch?v=DviI2zrdtJ0

Nubes: https://www.youtube.com/watch?v=4dMoJWPME9g

 Espero que vos guste. Saúdos!

                                              A coordinadora de ciclo

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut