Skip to Content

Propostas para a semana do 1/06

Bos días familias!

Aquí tedes a  proposta de actividades educativas para esta semana para o alumnado de 3 e 4 anos, xa enviada ao voso correo. Hoxe comeza o mes de xuño e con el os retos semanais divididos por días. 

Esta semana conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, concretamente será o venres 5 de xuño.  Por iso, todas as actividades estarán relacionadas co medio ambiente.

Reto do luns:

Podedes escribir vocabulario sobre o medio ambiente. Para iso tedes un PDF no voso correo con vocabulario, por se o queredes imprimir. Tamén poden facelo directamente nun folio.

Reto do martes:

Crear pinceis con elementos naturais. Para iso podedes diferentes paus e crear pinceis unindo os diferentes elementos naturais cun fío . Nun pau podedes poñer follas, noutro, flores, noutro herbas… Todo o que se vos ocorra! Posteriormente as nenas e nenos poderán pintar con eles libremente. Podedes ver un exemplo na seguinte imaxe: 

Reto do mércores:

Este reto consiste en aprender a reciclar. Para iso primeiro poden ver o seguinte  conto sobre como  reciclar: https://www.youtube.com/watch?v=YiHTNfKJwAw

Posteriormente poden clasificar os residuos nos diferentes contedores con axuda dos maiores.

 Para iso, para o alumnado de 3 anos podemos buscar algúns residuos pola casa e logo clasificalos en 4 caixas segundo  sexa: vidro, orgánico, plástico ou papel e cartón.  Podedes ver un exemplo na seguinte imaxe: 

 

Para o alumnado de 4 anos poden recortar nun folleto de supermercado diferentes imaxes e pegalas nos diferentes contedores segundo a cor. Tedes un PDF enviado ao voso correo no que poden recortar diferentes residuos e logo pegalos nos 4 contedores: vidro, orgánico, plástico ou papel e cartón.

 Finalmente todo o alumnado pode contar cantos residuos hai en cada contedor.

Reto do xoves:

Este reto consiste en contar, asociando os números a cantidades de obxectos.

Para iso podedes crear unhas tarxetas con números (cada tarxeta terá un número). Con elementos naturais (pedriñas, follas, paus…) poden poñer tantos como o número pida. Así, no número 1 poñerán 1 pedriña, no número 2 poñerán 2 pedriñas…

No caso do alumnado de 3 anos incidir dende o número 1 ao 3 e no caso do alumnado de 4 anos do 1 ao 6. Por suposto poden traballar con outros números.

Tedes un PDF no correo cunhas tarxetas de números por se as queredes imprimir pero tamén serve facéndoas a man. Posteriormente os nenos e nenas poden escribir os números como eles saiban, é importante intentar trazar os números aínda que non nos saia perfecto para ir mellorando.

Reto do venres:

O venres  5 de xuño celébrase o día do Medio Ambiente. Para iso propoñemos o visionado dun conto e algunhas cancións.

-Conto  sobre como coidar o medio ambiente: https://www.youtube.com/watch?v=EkDKsPfXId8

Cancións:

-Himno del medio ambiente: https://www.youtube.com/watch?v=rSJXGogwJG4

-Pequeño planeta: https://www.youtube.com/watch?v=_Wpv1czv08A

-Los guardianes del medio ambiente: https://www.youtube.com/watch?v=TOT5OSP1N3I

Finalmente poden facer unha creación con material reciclado deixando voar a súa imaxinación e creatividade. Podedes ver algúns exemplos no seguinte enlace: https://www.pinterest.es/search/pins/?q=material%20reciclado%20ideas%20manualidades&rs=typed&term_meta[]=material%7Ctyped&term_meta[]=reciclado%7Ctyped&term_meta[]=ideas%7Ctyped&term_meta[]=manualidades%7Ctyped

Para o alumnado de 5 anos xa enviamos un libro de lectoescritura (Letrilandia 3) aos vosos correos. Podedes ir facéndoo durante estas tres semanas que quedan de curso. 

Moitas grazas pola vosa colaboración  e un saúdo. 

 



page | by Dr. Radut