Skip to Content

Propostas para a semana do 25/05

Bos días familias!

Deixamos unha proposta de actividades educativas para esta semana, xa enviada aos vosos correos electrónicos. 
Como xa sabedes, a semana pasada aprendemos sobre Ricardo Carballo Calero (autor homenaxeado polo día das Letras Galegas). Coñecemos a súa obra “As pitas baixo a choiva”. Por iso, en relación ás pitas imos aprender un pouco máis sobre estes animais e a súa familia. Para iso podemos:

-Ver o conto de Cocorico no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=n8zoAcCJaaM Poden escribir o título do conto e debuxar e colorear os personaxes.

-Escoitar a canción de Cocorico: https://www.youtube.com/watch?v=8hb6ltrJx_M

-Facer o biscoito de Cocorico: para iso podedes escoller a receita favorita do biscoito dos vosos fillos e fillas. Poden contar, pesar e medir os ingredientes comprobando que coincidan cos da receita.

Posteriormente poden debuxar os ingredientes da receita e escribir, completar ou copiar o nome destes ingredientes.

-Actividades interactivas de Cocorico no seguinte enlace: http://centros.edu.xunta.es/eeisamieira/fotos/2010-11/cocorico_gal.lim/cocorico.html

-Neste enlace poden ver algúns capítulos  que teñen como protagonista a Cocorico: http://www.crtvg.es/infantil/programas/cocorico

Pero hai tamén outros polos famosos ademáis de Cocorico. Así coñecemos ao Polo Pepe.

-Escoitar a canción e o conto do Polo Pepe  no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=AY2K1A0Ln5k

-Poden debuxar un polo e escribir as partes do seu corpo: PICO, BARRIGA, ÁS e PATAS. No caso do alumnado de 3 anos poden copiar as palabras ou simplemente copiar algunha letra. No caso do alumnado de 4 anos poden copialas ou escribilas como eles saiban. Despois por debaixo da palabra escrita polo neno/a podedes escribir como sería realmente.

-Como xa vimos os polos e as galiñas comen millo. Podemos buscar grans de millo na casa e contalos, facer grupos de 2,3 ou 4 grans de millo. Se non tedes millo pode facerse  con garabanzos, macarróns, pedriñas…

-Tamén se pode facer a seguinte actividade de contar, pero comezando con números máis pequenos: https://www.pinterest.es/pin/91760911145834180/

-Facer actividades de seguir caminos como a seguinte, especialmente para o alumnado de 3 e 4 anos: https://www.pinterest.es/pin/348114246198410015/

Para estas dúas últimas actividades sobre os poliños enviamos ao voso correo algunhas plantillas en PDF por se as queredes imprimir. Tamén as podedes facer a man dun xeito máis sinxelo.

-Especialmente para o alumnado de 3 e 4 anos poderían facer trasvases como estes. Simplemente con dous cuencos e unha culler, pasarían o millo dun lado ao outro coa culler para mellorar a psicomotricidade fina e a atención. Pode verse na seguinte imaxe: https://www.pinterest.es/pin/167125836144671704/

-Para cantar e bailar deixamos as seguintes cancións:

Los pollitos dicen: https://www.youtube.com/watch?v=qcOiqtMsjes

O galo canta: https://www.youtube.com/watch?v=GmTr3oMQd7w

Pollito amarillito: https://www.youtube.com/watch?v=z1gFMujtH-o

La gallinita turuleca: https://www.youtube.com/watch?v=HyKw9F1QMz4

El pollito pio: https://www.youtube.com/watch?v=E3E2L1lOOnU

Bartolito: https://www.youtube.com/watch?v=ebVVuJN1WFM

-Se imprimistes as actividades da semana pasada adicadas ao autor homenaxeado este ano o día das Letras Galegas (Ricardo Carballo Calero) podedes continuar facendo. Era o seguinte enlace: http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/ Recordade seleccionar o curso de cada neno/a para poder descargar o documento.

-Xa por último no relativo á especialidade de psicomotricidade, o profe Jose déixavos un documento en PDF cunhas probas chamadas Coronavirus Attack (enviado ao voso correo). É unha especie de xogo de oca na que tedes que facer exercicio. 

Esperamos que vos gusten as actividades. Facede as que poidades e se é posible enviádenos algunha fotiño.

Moitas grazas polo voso esforzo e colaboración. Saúdos.

AdxuntoTamaño
CORONAVIRUS AT. - _lvaro Sacrist_n Mu_oz.pdf1.19 MB


page | by Dr. Radut