Skip to Content

Pautas xerais para a etapa de Educación Infantil

 

 

 

         As actividades relacionadas abaixo son orientativas e voluntarias. Están programadas para o curso que se indica e para desenvolver dende o día  16 de marzo ata a incorporación ás aulas.

Son actividades xenéricas. Sería convinte que cada día fixesen un pouco de cada apartado (a estas idades non poden manter a atención continuada máis de 20 minutos e nos cursos máis baixos a atención é menor).

 Recomendamos que as tarefas sexan poucas e ben feitas, non “facer por facer”.

 Trátase de non esquecer o traballado na aula e afianzar hábitos. Cada día sería convinte non realizar máis de: 2 fichas en 3 anos, 3 fichas en 4 anos e 4 fichas en 5 anos. É importante mesturar as actividades non realizando sempre as do mesmo apartado e tamén ir repetindo as xa realizadas nas que presenta máis dificultade. Recordade que o xogo é fundamental nesta etapa.

                                                                                Atentamente, as titoras de Educación Infantil

 

 

Actividades de matemáticas para a educación infantil.

 Son actividades online:  https://es.ixl.com/math/infantil

As actividades para cada idade son:

 Alumnado de 4º Infantil:

- Los números y contar hasta 3 (A1, A 2, A3)

-Patrones ( I 1)

 -Clasificar (G1)

 

 Alumnado de 5º Infantil:

 - Los números y contar hasta 5 (B1, B2, B3)

 -Clasificar (G1,G2,G3)

 -Comparar y ordenar (dende H1 ata H7)

 -Patrones ( I 1, I2)

 -Sumar hasta 5 (todos os apartados)

 

 Alumnado de 6º Infantil:

 -Los números y contar hasta 10 (C1,C2,C3,C4,C5)

 -Clasificar (G1,G2,G3)

 -Comparar y ordenar (dende H1 ata H7)

 -Patrones ( I 1, I2)

 -Sumar hasta 5 (todos os apartados)

 -Sumar hasta 10 (todos os apartados)

 

  

 

Actividades de lectoescritura e/ou grafomotricidade na

etapa de educación infantil

 Para traballar a grafomotricidade en tódolos cursos de educación infantil imprimiranse as seguintes actividades recollidas nos seguintes enlaces web:

https://www.orientacionandujar.es/2020/02/21/grafomotricidad-con-formas-geometricas/

 https://www.orientacionandujar.es/2020/02/25/grafomotricidad-empareja-los-dibujos-del-mismo-color/

 

-Alumnado de 4º Infantil:

 Imprimir do número 1 ao 3:  https://www.orientacionandujar.es/2020/02/13/grafomotricida-1-al-10-en-cuadricula/

 Traballar o seu nome (escribilo tódolos días nas actividades que realice)

 

-Alumnado de 5º Infantil:

 Imprimir do número 1 ao 6:  https://www.orientacionandujar.es/2020/02/13/grafomotricida-1-al-10-en-cuadricula/

 Trazar as letras maiúsculas e escribir palabras que eles queiran.

 

-Alumnado de 6º Infantil:

 Imprimir do número 1 ao 10:  https://www.orientacionandujar.es/2020/02/13/grafomotricida-1-al-10-en-cuadricula/

 Imprimir as letras e realizar o trazo:  

https://www.orientacionandujar.es/2019/10/07/mi-libro-de-trazos-para-trabajar-las-letras-grafomotricidad/

 Escribir palabras que conteñan letras tales como: m , p , s, l, t e d.

 

Actividades de coordinación óculo-manual (recortar con tixeiras)

 Estas actividades están destinadas ao alumnado de 5º e 6º de educación infantil. Imprimir as imaxes e logo recortar e pegar noutro folio.

 https://www.orientacionandujar.es/2019/11/19/tijeras-cuaderno-30-fichas-vamos-a-recortar-en-infantil/

 

Actividades de expresión plástica

 

 Para traballaren tódolos cursos de educación infantil imprimiranse algunhas das actividades recollidas no seguinte enlace web (elixidas polos propios nenos e nenas):

  https://www.orientacionandujar.es/2019/11/07/fichas-para-pintar-con-los-dedos-usar-gomets-o-pompones/

 

 Cabe destacar que estas actividades xa foron enviadas aos correos persoais das familias o venres 13 de abril. Compartímolas tamén no noso blog. 

 

 



page | by Dr. Radut