Skip to Content

Propostas para a semana do 27/04

Bos días familias!

Enviamos unha proposta de actividades para esta semana (xa enviadas aos vosos correos electrónicos). Son as seguintes: 

-Elaboración da receita de brochetas de froita que podedes ver no seguinte enlace: 

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1878/Receta_Brocheta_de_frutas.pdf

Poden ler a receita con axuda e incidindo no son das letras  a medida que se vai facendo.

Durante a realización das brochetas poden facer series: fresa-mazá-fresa-mazá. Máis opcións serían: plátano-pera-kiwi, plátano-pera-kiwi ou como vos apeteza. 

Tamén poden contar cantos cachiños de froita ten cada brocheta, cal ten  máis, cal ten menos, cantas hai de diferenza… Así poden traballar conceptos propios da lóxica-matemática. A maiores,  e especialmente os máis pequenos, poden dicir as cores das froitas.

Unha vez cociñada, poden escribir a receita das brochetas de froita. Cando escribades a receita poden escribir como eles saiban, completar algunhas letras ou copiar o título. Poden recortar os alimentos dunha folla impresa ou debuxalos e colorealos. Os máis maiores ou os que se animen poden escribir os pasos realizados.

Cando escriban a receita pódese incidir no son das letras, non tanto no seu nome. Así aproximaranse a lectoescritura a través de textos reais e con sentido para a vida presente e futura.

-Recomendacións de contos: esta actividade consiste en que leades conxuntamente  o seu conto favorito. Logo, podedes sacar unha foto do neno ou da nena lendo ese conto que nos podedes enviar xunto cun comentario no correo de por qué lle gusta ese conto, por qué llo recomenda  aos seus compañeiros e compañeiras… Intentade por favor que non se lles vexa a cara, para manter a protección de datos e da imaxe posto que estas imaxes e recomendacións subirémolos ao blog de infantil do colexio. Deste xeito favorécese á animación á lectura. 

-Conto "O monstro de cores" que podedes ver no seguinte enlace:  https://www.youtube.com/watch?v=t8yy_AIeTAA

Algunhas actividades a partir do conto son:

-Debuxar os monstros e pintalos de diferentes cores.

-Pensar en que cousas lle fan sentir esas emocións e expresalas.

-Nun bote ou caixa poden ir gardando algúns papeis nos que  debuxaran e escribiran como eles saiban algo que lles producira alegría ese día/semana. Escribir por debaixo o que quixo escribir o neno/nena. Pódese facer durante todo o confinamento e ao final abrir o bote para ver tantos bos momentos compartidos en familia. Así, incidiremos na importancia das emocións, importantes sempre e moito máis neste confinamento. 

-Actividades interactivas sobre o conto: http://actividadeslim.blogspot.com/2015/09/el-monstruo-de-colores.html

 

-Cancións para cantar e bailar:

El baile de las emociones: https://www.youtube.com/watch?v=cpr7ttt1sOQ

Canción dos dedos das mans: https://www.youtube.com/watch?v=PxzGHfyaMPY

Covid que te vin: https://www.youtube.com/watch?v=Y9r_KPV4JPg&t=99s

Canción para moverse: https://www.youtube.com/watch?v=IqG2DWhzHyI

 Eu son un artista: https://www.youtube.com/watch?v=TCiMgJDeSXc

A música e o movemento do corpo é fundamental para o desenvolvemento das nenas e nenos e moito máis agora. 

-Outra actividade sería recortar e pegar papeis de revistas, periódico ou papeis que non sirvan. Para o alumnado de 3 anos é unha tarefa complicada recortar con tixeiras polo que de facer esta actividade necesitarán bastante axuda. Para eles a mellor opción sería romper coas mans os papeis.Finalmente todo o alumnado poderá realizar un collage con todos os papeis.  Así, mellorarán na súa psicomotricidade fina. 

 

 

Xa por último, unha páxina web para xogar coas cores en movemento que podedes ver no seguinte enlace: 

https://paveldogreat.github.io/WebGL-Fluid-Simulation/

Esperamos que vos gusten as actividades e que vos atopedes ben. Como sempre, podedes enviarnos fotografías das actividades que realicedes ao correo de infantil. 

Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo. 

 



page | by Dr. Radut