Blog A Pedra
TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA PARA A 1ª SEMANA (3º TRIMESTRE):
Enviado por Marina Presas o Mar, 14/04/2020 - 19:30Boas tardes;
Xunto un documento para cada clase coas instrucións e clave para rexistrarse e entrar en Blink Learning como vos comentara y os deberes desta semana.
Coidádevos moito, unha aperta.
Marina.
Nota: Cando vos rexistredes en BlinkLearning recordade escribir o nome e apelido do alumno/a, xa que é o alumnado o que debe aparecer dentro da correspondente clase aínda que o correo electrónico sexa voso, e cada clase ten unha clave distinta. Facédeo con coidado xa que unha vez enviada a solicitude se ten erros é complicado corrixilos.
INGLÉS INFANTIL
Enviado por Anónimo o Mar, 14/04/2020 - 18:51No seguinte enlace podedes atopar as actividades para traballar esta semana. Moito ánimo, estádelo a facer moi ben. Unha aperta!!!
https://docs.google.com/document/d/14ch05RTBJBZ4vSS2GwS03b62srShI2Klmtww...
ARTS & CRAFTS 1º
Enviado por Anónimo o Mar, 14/04/2020 - 15:52No seguinte enlace podedes atopar as actividades para traballar esta semana. Moito ánimo, estádelo a facer moi ben. Unha aperta!!!
https://docs.google.com/document/d/1Gd5ECObyuwjbOVtyJAYX-5cvwQNA6axuV3Dm...
INGLÉS 1º
Enviado por Anónimo o Mar, 14/04/2020 - 15:16No seguinte enlace podedes atopar as actividades para traballar esta semana. Moito ánimo, estádelo a facer moi ben. Unha aperta!!
https://docs.google.com/document/d/1Yo0U3zDnOC74aG1ABx3kAo6FkUcEeeqOMBmU...
TRABALLO DE LINGUA GALEGA
Enviado por Silvia García o Mar, 14/04/2020 - 13:40Ola a tod@s!
Tod@s ben seguro.Xa nos toca comezar de novo co traballo e ímolo facer pouquiño a pouco, pero con moito agarimo. O importante é que o que fagamos esté ben feito para que poidamos sentirnos satisfeitos co noso traballo. Así que... COMEZAMOS!
Todo o que vaiades facendo podedes enviarmo á dirección de correo que vos enviei. Agradezo que me poñades o nome das rapazas e rapaces nos traballos porque se o correo está a nome das/os nais/pais dificúltame o traballo, xa que, teño moito alumnado. Disculpade que o envíe con algo de retraso pero é que me xurdiu un problema co ordenador.
Unha forte aperta
Actividades 1ºA Semana 14-17
Enviado por Anónimo o Mar, 14/04/2020 - 10:46Moi bo día!
Outra ver por aquí na vez da aula, como desexaríamos sen dúbida algunha!
Hoxe empezamos o terceiro trimestre e non imos deixar que nada deteña a nosa curiosidade polo saber e aprender cousas novas.
Vamos campions e campioas!
Moito ánimo.
Unha aperta xigante!
Adxunto pdf coas actividades desta semana.
TRABALLO DE 2º PARA 1º SEMANA DO 3º TRIMESTRE
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mar, 14/04/2020 - 10:38Ola rapaces, rapazas e familias!
Aquí vos deixamos algunha tarefa para esta semana. Xa sabemos que no é doado facelas así, pero seguro que estades aprendendo outras moitas cousas importantes tamén. Deixádevos axudar polas vosas familias e colaborade moito para pasar mellor o tempo e enchervos de experiencias que teredes que contarnos a volta.
Moitos biquiños! Facede as cousas amodiño para que vos saian mellor e vos sexan máis divertidas.
Ata pronto e non dubides en comunicarvos con nós.
As vosas profes!
EDUCACIÓN FÍSICA (13-17 abril)
Enviado por Goretti Cordeiro o Mar, 14/04/2020 - 00:15Ola rapaces-as e familias, que tal esas vacacións. Xa sei que este ano foron un tanto diferentes pero non vos preocupedes que seguro que as próximas ides disfrutalas como nunca. Pero agora toca volver e imos a poñernos mans á obra, no noso caso non só coas mans sénon con todo o corpo. No arquivo déixovos a proposta para os seguintes días e a darlle duro que hai que eliminar ese ricos doces que mirei por aí que estivéchedes cociñando. Lembrar que hai un nivel para principiantes e outro máis avanzado.
Un bico en movemento para os meus lambóns-as.
1ºB. Actividades do 14 ao 17 de abril
Enviado por Loli Carballo o Lun, 13/04/2020 - 12:28Moi boas!
Adxunto a esta entrada as actividades do 14 ao 17 de abril.
Moito ánimo!!
Saúdos!
RECITANDO POEMAS
Enviado por Blanco Rodrígue... o Sáb, 11/04/2020 - 15:07Ola rapaces, rapazas e familias!
Aquí vos deixamos neste pequeno vídeo a recopilación de poemas que nos fixestes chegar. Memorizar e recitar poemas e unha maneira divertida de entreterse e de mellorar a entoación e a pronuncia na lectura. Seguide así xa que un pracer escoitarvos! E se vos apetece podedes escribir algún comentario na entrada do blog para mater o contacto. Moitas grazas familias!
Un abrazo, as vosas mestras!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- …
- seguinte ›
- última »