CURSO 5ºA 5ºB
Saída ao museo Massó e sesión de convivencia.
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 18/03/2024 - 23:24SÓ É PUBLICIDADE?
Enviado por Jose Antonio Malvido o Xov, 29/02/2024 - 22:03Esta semana o alumnado de sexto participou nun obradoiro sobre a publicidade. Algo que pode pasar desapercibido, pero que é máis importante do que ás veces pensamos.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 26/02/2024 - 17:14Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!
Ciclo da auga e depuración!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Xov, 22/02/2024 - 21:54O alumnado de sexto participou no obradoiro "Ciclo da auga e depuración" do programa Ponteazero.
Un pequeno paso de compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) número 13 "Acción polo clima" e o número 15 "Vida de ecosistemas terrestres".
Mañá de cine!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Xov, 15/02/2024 - 23:05Fai uns días o alumnado de sexto tivo unha "mañá de cine"!
Grazas a todas as persoas que participan e fan posible o FIC, puidemos gozar dunhas curtas educativas e que animaban á reflexión social.
Visita da Garda Civil!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Xov, 25/01/2024 - 23:47Hoxe contamos cunha visita especial. A Garda Civil pasouse polo noso centro para informarnos sobre a importancia de identificar e actuar ante unha situación de acoso.
Dunha forma sinxela, amena e coidada, crearon un espazo de diálogo e aprendizaxe ben interesante.
Moitas grazas polo voso traballo!
Primeira toma de contacto co IES!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Mér, 24/01/2024 - 16:11Foi unha mañá de nervios e inquietudes, pero tamén de sorpresa, ilusión e curiosidade. O alumnado de sexto realizou unha visita ao IES Johan Carballeira.
Presentación de traballos!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Mar, 16/01/2024 - 00:04Despois da procura, análise e organización da información, chegamos á fase de exposición. Temos uns magníficos presentadores e presentadoras.
Alimentos, método científico e experimentos!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 15/01/2024 - 23:43Os alimentos non deixan de sorprendernos, pois sempre se pode coñecer máis información dende outro punto de vista. A argumentación e o uso de probas baseadas na observación son aspectos fundamentais do método científico.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »