ENDL |
|
|||
|
|||
INDICACIÓNS PARA INSCRICIÓN E AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPAR NA X CARREIRA LETRAS GALEGAS DO CONCELLO DE VILALBA. 1.- INSCRICIÓN NA CARREIRA A TRAVÉS DO ENLACE A: CHAMPION CHIP X CARREIRA LETRAS GALEGAS 2019 VILALBA. ( NESTA PARTE CONSEGUIREMOS UN DORSAL PARA A CARREIRA) Inscrición : GRATUÍTA do 23 de abril ao MARTES 7 DE MAIO ás 12:00 do mediodía. Inscrición no enlace de champion chip:
Prema aquí para inscrición: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1807/x-carreira-popular-escolar-das-letras-galegas-vilalba
IMPORTANTE indicar nos campos: CLUBE e COLEXIO, "CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ", para facilitar entrega de dorsais no centro previamente. No campo NICK : poñede o nome correcto, máximo 11 espazos, para repartir os dorsais con facilidade entre os 350 alumnos do cole.
* No centro non inscribiremos. Facédeo individualmente, se non sabedes pedide axuda, é moi sinxelo e soamente leva 2 minutos.
Categorías da carreira:
· +5 nados 2014. Infantil 4anos: Carreira Mixta Feminina e masculina. 420m. Ás 11.00 h.
· +6 nados 2013 Infantil 5 anos: Carreira Mixta Feminina e masculina.420 m
· +7 nados entre 2012 e 2010: 1º, 2º e 3º de Primaria Carreira Feminina 775m e despois Carreira Masculina. 775m
· +10 nados entre 2009 e 20074º, 5º e 6º de Primaria Carreira Feminina 850m e despois Carreira Masculina. 850m
· +13 nados entre 2006 e 2003, 1º,2º e 3º ESO. 1650m Equipación Deportiva: Tódolas persoas participantes deberán levar camiseta da equipación do centro, Os atletas de Infantil e 1º de Primaria, os que non podemos prestar camisetas, pedímoslles que leven a equipación do cole ou no seu defecto camiseta nalgún tono azul, sempre que poidan. A partires de segundo curso de primaria repartiremos CAMISETAS DO CENTRO ata onde cheguen, cando non cheguen igual que para os pequeniños. Camiseta azul.
· Sairemos do centro sobre as 9:50 da mañá, iremos andando con profesorado e reforzos suficientes. Antes das 11:00 resolveremos na carpa da organización as incidencias que xurdan.
· A primeira carreira comeza ás 11:00 POR SE QUEREDES ANIMAR.
· ENTREGA DE PREMIOS aos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo.
· REMATE ás 12:30h.
· ASEO E MERENDA: Cando rematan a proba haberá auga, DEBERAN levar merenda a maiores e unha camiseta para cambiarse (Infantil Non).
· Prevese clase normal despois do recreo polo que levade material para as dúas últimas clases.
2.- AUTORIZACIÓN PATERNA/MATERNA OU DOS TITORES PARA SAÍDA DO CENTRO .( NESTA PARTE CONSEGUIREMOS AUTORIZAR A SAÍDA DO CENTRO)
AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN NA X CARREIRA LETRAS GALEGAS CONCELLO VILALBA. entregar ao mestre titor/titora para control de inscricións e autorizacións Eu:..................................................................................................................................., en calidade de nai/pai, titor/a legal do alumno/a: .................................................................................................................................da aula:............................. AUTORIZO ao meu FILLO/A a SAÍR DO CENTRO E PARTICIPAR NA X CARREIRA POPULAR LETRAS GALEGAS 2019 do CONCELLO DE VILALBA. Asinado: Data Nome e Apelidos |
|||
EVENTO : 2º Proba Clasificatoria das Categorías BENXAMIN e ALEVÍN. DATA: domingo 28 de abril de 2019 en xornada exclusivamente de mañá. ATLETAS INVITADOS: Alumnado de categoría BENXAMÍN; 2º 3º de Primaria e a categoría ALEVÍN; 4º e 5º de PRIMARIA. INSCRICIÓN: TOPE O MÉRCORES 24 DE ABRIL co profe Suso. LISTADO DE INSCRICIÓNS, COMPROBAR para verificar que os datos son correctos PROBAS: Ver o horario do evento, pódense elixir 2 probas , non poden ser 2 carreiras de máis de 250m. Elixir segúndo recomendacións dos mestres que orientan as potencialidades e talentos persoais.
|
|||
EVENTO : 1º Proba Clasificatoria das Categorías INFANTIL e CADETE. DATA: domingo 7 de abril de 2019 en xornada exclusivamente de mañá. ATLETAS INVITADOS: Alumnado de categoría INFANTIL; 6º 1º da ESO, e a categoría CADETE; 2º e 3º da ESO. INSCRICIÓN: TOPE O MARTES 2 DE ABRIL co profe Suso. PROBAS: Ver o horario do evento, pódense elixir 3 probas , non poden ser 2 carreiras de máis de 250m. Elixir segúndo recomendacións dos mestres que orientan as potencialidades e talentos persoais.
LISTADO DE INSCRICIÓNS (CLIQUE PARA VER OU DESCARGAR) Importante verificar para ver posibles erros. |
|||
RESULTADOS DA PROBA: VER DOCUMENTO (Clica no enlace para velo ou descargalo) EVENTO : 1º Proba Clasificatoria das Categorías Benxamíns e Alevíns. DATA: domingo 31 de marzo de 2019 en xornada exclusivamente de mañá. LUGAR: Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, nas Pedreiras, ao carón do Pabillón do Breogán. Posiblemente non nos concedan o transporte por falta de personal suficiente, contade con transporte propio. ATLETAS INVITADOS: Alumnado de categoría Benxamín; 2º e 3º, e a categoría ALEVÍN; 4º e 5º. INSCRICIÓN: TOPE O MARTES 26 DE MARZO co profe Suso. PROBAS: Ver o horario do evento, pódense elixir 2 probas , non poden ser 2 carreiras de máis de 250m. Elixir segúndo recomendacións dos mestres que orientan as potencialidades e talentos persoais. LISTADO DE INSCRICIÓNS (CLIQUE PARA VER OU DESCARGAR) Importante verificar para ver posibles erros.
|
|||
Mandade un correo electrónico ao enderezó que aparece no cartaz, para reservar a entrada que custa 2€, e se fai efectiva ao recollela. |
|||
Xa temos dtas de Atletismo Escolar 2019, cinco xornadas distribuídas en 4 mañás de clasificatorias e un Provincial de xornada completa.
Como novidade, en relación a anos anteriores, imos celebrar en xornadas só de maña, de xeito que haberá 4 xornadas clasificatorias:
Clicade en adxuntos, abaixo á dereita, para descargar horarios e normas. Quen teña pensado participar que vaia informando si profe Suso. Está invitado todo o mundo. Ide informando ao responsable das inscricións con tempo. |
|||
CARTAZ ENTROIDO INSUA 2019: SONS DA NOSA TERRA VIDEOTITORIAL PARA CONFECCIONAR O TEU TRAXE DE ENTROIDO: SONS DA NOSA TERRA 2019
ORDES DO MECO NON ACUMULATIVASA PARA A SEMANA DE ENTROIDO 2019
LUNS - CHICHO OU PINZA NA TUA TESTA
|
|||
Imaxes dos participantes do curso pasado 2017-18 na Proba do Rato en Lugo Organiza: A.D. FeFeMe Tríatlon do Miño Cidade de Lugo Fluvial Lodeco S.L.U. Federación Galega de Tríatlon Email: fefemetriatlon@yahoo.es Promove e Patrocina: Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia Patrocina: Concello de Lugo Fundación Deporte Galego Colaboran: Protección Civil Concello de Lugo Policía Local. Transporte Bus: bus ás 9:15h do Campo da Feira en Vilalba, saída a Lugo ás 9:30h. A bicicletas viaxan no maleteiro do bus cárganse de 9:15h a 10:00h. Participantes previstos: 60 Saída, transición e meta: No paseo do Rato, á altura do restaurante Terras do Miño. O Circuíto estará pechado ao tráfico pola Policía Local, desde unha hora antes da 1ª proba ata o remate da derradeira carreira. Recollida de dorsais: Na carpa de organización desde 45´ antes do comezo de cada proba ata 10´ antes da saída. A partires das 10 pechan o tráfico ata o final da proba. Data e horario da carreira: Sábado 23 de febreiro de 2019
Deportistas mutualizados no Programa Xogade 2019 da Secretaría Xeral para o Deporte, na actividade de Dúatlon Escolar MATERIAL NECESARIO: Casco, Bicicleta de marchas: rodas en bo estado, freos en bo funcionamento e tapóns dos puños do manillar postos. INSCRICIÓN: O alumnado do Triatlón S. Roque apuntase nas escolas con Javi e no cole os que non pertenzan ao clube recolle ata o Luns inscricións profe SUSO, e logo pásallas a Javi do Triatlón San Roque. Despois do martes non se pode inscribir a ninguén. Andade lixeiros con tempo. Premios: Medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e sexo. Normas de competición A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento de Actividade deportiva en idade escolar 2019 que edita a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e do regulamento de competicións das Federacións Galega e Española de Tríatlon.Ver Regulamentos |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »