ENDL |
|
|||
CLICA para DESCARGAR as IMAXES Clica para acceder á galería de imaxes e descargar as que queirasRESULTADOS PROBA PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS(CLICA NAS CATEGORÍAS DE ABAIXO PARA VER A CLASIFICACIÓN)BENXAMÍN FEMININO - BENXAMÍN MASCULINO ALEVÍN FEMININO - ALEVÍN MASCULINO ALEVIN MASCULINO PAX 2 INFANTIL FEMININO - INFANTIL MASCULINO CADETE FEMININO - CADETE MASCULINO CONFIGURARANSE OS EQUIPOS ATA O LUNS 20 DE XANEIRO. DEBERASE CONFIRMAR SE SE ASISTE O SÁBADO 25 OU SE CEDE O SEU POSTO AO SEGUINTE NA CLASIFICACIÓN. O QUE SE APUNTA DEBE ASUMIR O COMPROMISO DE CUMPRIR CO EQUIPO NO QUE IRÁ.
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA SEMANA EUROPEA DO DEPORTE 20-30SETEMBRO DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR (#ESSD2019)
Dende o Equipo de Educación Física do noso centro, en colaboración coa comunidade educativa: claustro, ANPA, clubes deportivos locais colaboradores e as Administración educativas organizamos no noso centro as seguintes actividades para promocionar a Semana Europea do Deporte e o Día Europeo do Deporte Escolar dende este evento que se compromete dende hai anos na promoción de estilos de vida saudables. OBRADOIRO DE LOITA OLÍMPICA Colaboramos co Clube Loita Olímpica de Vilalba que nos ofrecerá de 1º a 6º de primaria dúas xornadas en horario lectivo de achegamento e promoción deste deporte minoritario de gran Tradición e altísimo nivel na nosa vila. Material: Tatami Lugar: Horario Lectivo no Pavillón Polideportivo, entrenadores do clube. OBRADORIO DE TENIS DE MESA. Colaboramos co Clube de Tenis de Mesa de Vilalba que nos ofrecerá de 1º a 6º de Primaria dúas xornadas de achegamento, promoción e iniciación ao Tenis de Mesa en horario lectivo de E.F. Material: Mesas de Tenis de Mesa, Globos, 30 raquetas, pelotas e Entrenadores do Clube. ESTACIÓN MOVEMENTO: Nenas e Nenos de Movemento dirixen tódolos recreos da semana unha estación aeróbica de Movemento. Coreografías sinxelas con música moderna cadrada. Contamos con numerosas bailarinas e bailaríns que compiten no Nacional e no Mundial de World Dance Cup nos últimos anos. Altofalante de 500w e pincho con música aeróbica. Lugar: Metade Pista de Baloncesto. ESTACIÓN DAFIS: Aproveitando que dispoñemos do caixón DAFIS, varios alumnos de sexto curso con experiencia nos protocolos e supervisados polos Mestres especialistas ofrecerán a posibilidade de avaliar diferentes parámetros da Condición Física Saudable. Material: Caixón DAFIS. Lugar: Patio Cuberto de Entrada. Estación BÁDMINTON: Nunha metade da pista exterior de Baloncesto colocaremos varias redes de bádminton, raquetas adaptadas e volantes de nylon ara promocionar este deporte minoritario. Material: Postes e redes de Bádminton, conos sinalizar campos, raquetas curtas de iniciación e volantes de nylon. Lugar: Outra metade Pista Baloncesto. Estación de RUGBY CINTA ou FLAG RUGBY: Aproveitando unha metade do campo exterior de Fútbol Sala. Xogaremos cos balóns de rugby ao XOGO dos 10 pases coas cintas de Velcro. Contaremos co asesoramento do seleccionador galego, pai dun alumno do centro. Material: Fitas de Velcro, pelotas de rugby, conos de cores, petos. Lugar: Metade Pista Fútbol Sala. Estación de TENIS DE MESA: Na aula de Psicomotricidade teremos toda a semana por quendas diferentes Xogos de iniciación ao Tenis de Mesa coordinados polo Clube Local Tenis de Mesa Vilalba. Material: 2 Mesas de Tenis de Mesa, Raquetas antivandálicas e pelotas de tenis de mesa. Estación de ATLETISMO: Na zona de herba do patio exterior, teremos toda a semana unha estación de lanzamentos de xavelina de gomaescuma, de peso, martelo adaptado e de Disco. Material, Cono Sinalizar sectores de Lanzamento. Bolas de peso interior, xavelinas de gomaescuma e xavelinas de competición, discos de iniciación e pelotas con redes portabalóns para simular martelos.. Lugar: Zona de Lanzamentos de herba xunto ao aparcamento. Estación de XOGOS POPULARES: No patio de Entrada temos pintados varios xogos tradicionais. Estación de DATCHBALL: Esta estación con tres pelotas de goma-escuma permite o enfrontamento entre dous equipos que se lanzan as pelotas para eliminarse cando golpea ao contrario e toca o chan. Se se recibe o lanzamento sen que caia ao chan sálvase a un compañeiro. Non se permite lanzar á cabeza. Gana o equipo que quede co último participante. Material: Tres pelotas gomaescuma de Datchball e conos delimitar campos. Lugar: Patio cuberto abaixo. Estación INFANTIL: No patio de Infantil teremos bicicletas sen pedais, triciclos, tobogáns e estacións de canasta e porterías.
#BeActive #somosactivos #Galiciasaudable#ESSD2019 |
|||
Xa comezou a xira de Teatro do alumnado de 5º de primaria por varios centros e locais da Terra Chá. Actuarán no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, no Certame Benjamín Paz do Insua Bermúdez, no CEIP Lagostelle de Guitiriz, en Mondoñedo no IES San Rosendo, participaran no Festival de Pardiñas co grande Alfonso Torrado... Dirixidos pola polifacética María Guerrero representan Menciñeiros, unha adaptación da obra de Álvaro Cunqueiro;" Escola de Menciñeiros". Está musicada con cancións dos grandes amigos da Quenlla: Mini e Mero. Este video, coas limitacións acústicas do local de gravación e dos materiais, mostra un ensaio previo antes da xira. Parabéns a tódolos participantes e a tódalas persoas colaboradoras. |
|||
O domingo 26 de maio de 2019, elebrarase o Campionato Provincial de Atletismo escolar Xogade, nas instalacións deportivas do Estadio Gragorio Pérez Rivera. en xornada matinal e de tarde. Achegamos listados dos clasificados e prégase confirmar asistencia para facer a inscripción e reserva gratuíta para o xantar de mediodía na cafetaría de Veterinaria. antes do mércores á 1 do mediodía. PRÉGASE QUE FAGADES A CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA e da COMIDA durante O MARTES a través do whasttapp 616501003. CLICA NOS ENLACES DE ABAIXO PARA VER OS LISTADOS DOS CLASIFICADOS, HORARIOS OU INSCRICIÓNS. - Listado INSCRICIÓNS para PROVINCIAL o Sábado 26 maio de 2019. - RANKING de BENXAMIN FEMININO. - RANKING DE BENXAMIN MASCULINO - RANKING DE ALEVÍN FEMININO - RANKING DE ALEVÍN MASCULINO - RANKING DE INFANTIL FEMININO - RANKING DE INFANTIL MASCULINO
|
|||
O Venres 17 de maio de 2019, festivo en honor a Antón Fraguas, unha veintena de deportistas xunto con familiares e equipo técnico desprazouse ata Portosín, en Porto do Son, A Coruña para participarmos na fase galega do Duatlón xunto con deportistas e clubes de toda Galiza.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »