FONDO LIBROS 2020-2021

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2020-2021

 

No DOG do 19 de maio de 2020 saiu publicada a Orde do 12 de maio de 2020 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en Educación Primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/2021.

1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

2. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Destinado ao alumando de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial. Para rendas per cápita do ano 2018 iguales ou inferiores a 10.000€ 

3. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Para rendas per cápita do ao 2018 iguales ou inferiores a 6.000€

 

NORMAS XERAIS

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 19 de xuño de 2020, inclusive.

A instancia será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2020-2021, presentándose preferiblemente por vía electrónica. Poderase cumplimentar das seguintes maneiras:

- Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no propio centro.

- De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace ANEXOS

PODES MIRAR AQUÍ O MANUAL DO USUARIO

 

NO SEGUINTE ENLACE PODES VER AS INSTRUCCIÓNS

Documentación para a presentación:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a)Anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia onde figure o alumno e todos os demais membros computables da unidade familiar. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membro utilizando, entre outros, algún dos seugintes medios: sentenza xudicial de sepración/divorcio, certificado de convivencia, informe de servicios sociais...)

A instancia única pode presentarse para:

1. PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DESDE 3º A 6º DE PRIMARIA

Para ser beneficiario do fondo de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto emprestados no curso 2019-2020.

Teranse en conta ás seguintes datas:

Ata o 19 de xuño. Devolución nas respectivas aulas do centro dos libros emprestados.

- 01 de xullo. Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.

- 02 e 03 de xullo. Período de reclamación á adxudicación provisional.

- 06 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.

- Primeiros días de clase de setembro. Entrega dos libros asginados do alumnado.

 

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS

Para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.

Do 07 ao 15 xullo. Entregarase o Vale de libros aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo.

 

3. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

- Do 01 ao 06 de xullo. Entregarase o Vale para material aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo.

 

A soliciturde deberá estar asinada pola pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da oonvocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto recibidos.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PODE PREGUNTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO OU NA WEB DA XUNTA DE GALICIA PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE