COMEZA A TEMPORADA DE ATLETISMO AO AIRE LIBRE XOGADE

Cartaz 2020 Atletismo Insua Bermudez Proxecta Deportivo Centro EDLG

Xa chega o Atletismo un ano máis, avisa aos teus mestres de E.F. de que che interesa participar ou ven probar nos recreos as diferentes probas, seguro que che gustará. Temos probas para tódolos gustos. Poden participar totalmente de forma gratuíta dende segundo de PRIMARIA ata a ESO. Temos carreiras de velocidade, medio fondo e fondo, marcha, valados, relevos, lanzamentos curtos e longos, e saltos verticais e horizontais. 

Estas probas serán soamente en horario de mañá, a inscrición deberá realizarse como máis tarde o martes antes da competición e pregamos que soamente se inscriban aqueles que realmente van vir. Cada atleta pode inscribirse en dúas probas sempre que non sexan dúas carreiras de máis de 250m  (2 concursos, unha carreira e un concurso) A maiores sempre se poderán inscribir en relevos se fora o caso. Dase o horario das probas durante a semana previa e débese recoller o dorsal 20 min antes da proba e presentarse na cámara de chamadas 15 min antes da proba.