ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA XORNADA CONVIVENCIA PROMOCIÓN ATLETISMO 5º CURSO 22 de ABRIL DE 2020

PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA NOS CENTROS EDUCATIVOS 2019/2020

O Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia organiza esta actividade destinada ao alumnado dos Centros Educativos participantes no programa XOGADE.

O procedemento desta actividade consiste inicialmente na implementación, en cada un dos centros escolares participantes, da unidade didáctica “O atletismo en pista”. A última sesión de dita U.D.

consiste na participación nunha xornada de convivencia deportiva nunha instalación de atletismo cos seguintes obxectivos:

· Achegar o atletismo aos nenos e nenas dos Centros Escolares resaltando o carácter lúdico e participativo do deporte.

· Coñecer as instalacións específicas de atletismo, así como a diversidade de especialidades atléticas existentes.

· Coñecer e vivenciar o sistema de competición das diferentes modalidades atléticas.

· Fomentar, mediante o atletismo, a amizade e o compañeirismo entre os nenos e nenas.

NORMATIVA

Art. 1.- Data e lugar. Esta competición levarase a cabo o mércores día 22/04/2020 no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo.

Art. 2.- Categorías. A proba está destinada o curso de 5º de E. Primaria, correspondente á categoría (alevín 2009) nenos e nenas.

Art. 3.- Mutualidade. Poderán intervir aqueles/as deportistas pertencentes ao curso académico de 5º de E. Primaria que estean dados de alta na modalidade de “atletismo en pista” do programa XOGADE formando parte da súa entidade correspondente. No caso de haber repetidores, deberán mutulizarse na categoría correspondente ao seu ano de nacemento.

Art. 4.- Limitacións de probas. Cada alumno/a poderá participar nunha proba individual, no relevo ou ben nunha proba individual e no relevo. Nunca en dúas probas individuais.

Art. 5.- Inscricións. A inscrición dos/as participantes rematará o día 01/04/2020,  nun só documento, e nunha soa folla de cálculo; o formato do documento a enviar deberá ser Open Office ou Excel:

· Para cada proba individual (60 m.l., lonxitude, peso, vórtex) haberá habilitados tres espazos nos que se deberán cubrir os datos dos participantes correspondentes. Mentres que para a proba de relevos 4x60, haberá un total de doce espazos nos que introducir os datos dos/as catro integrantes de cada un dos tres equipos que deben participar por cada grupo/aula.

Art. 6.- Horario e probasHora Proba

11:15.- 60 m.l.,  Salto lonxitude e Lanz. peso (2 kg.)
11:30.- 500 m.l.
11:45.- Vórtex
12:00.- 4x60

Art. 7.- Resultados. Realizarase unha clasificación individual segundo os postos/marcas acadadas nas diferentes disciplinas. Ditos resultados individuais aportarán puntos a cada centro educativo de xeito que se compiten N participantes, a puntuación será de N puntos ó primeiro clasificado, N-1 ó segundo, N-2 ó terceiro, e así ata o último que acadará un punto. O alumnado que non chegue á meta ou non obteña resultado nos concursos non puntuará. Nas carreiras por rúas (60 m.l. e relevos 4x60) enfrontaranse aleatoriamente en tres series diferentes os integrantes de cada grupo/aula. De forma que o gañador de cada serie levará tantos puntos coma participantes haxa por serie. Ex.: se hai 8 equipos o gañador levará 8 puntos, o segundo 7 e así sucesivamente. No caso de empate a puntos entre centros educativos resultará vencedor o grupo/aula que obtivera máis primeiros postos, de continuar o empate quen teña mais segundos... e así sucesivamente.

Art. 8.- Desprazamentos. No caso de precisar autobús, solicitalo gratuitamente a XOGADE, cunha antelación mínima de quince días anteriores á data da proba, indicando o número de alumnado a desplazar de 5º curso, así coma o profesorado acompañante, é os horarios precisos de saída e regreso. Non será posible xestionar ningún transporte se a solicitude é posterior ao límite indicado. Chegada a Lugo antes das 11:00h e saída á Vilalba ás 13:00 h

AdxuntoTamaño
Normativa Promocion Atletismo Lugo.pdf113.42 KB
Autorizacións5ºPromoción Atletismo.docx1.59 MB
Autorizacións5ºPromoción Atletismo.pdf174.31 KB
Inscrición U.D. Atletismo.ods74.93 KB