O xoves 20 de febreiro de 2020 uns 30 discentes do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba foron invitados por Deportes de Lugo a visitarmos as instalacións do maior ocódromo indoor de España e un dos mellores de Europa. Nesta viaxe compartimos transporte co IES de Pastoriza. Agradecemos a Deportes o agasallo do transporte, entradas e aluguer de arneses pola nosa implicación e a participación masiva do alumnado en Campo a Través e en Atletismo, ano tras ano. Se alguén que probar esta experiencia contactade coa empresa que o leva, unha visita vai entre 6-8 euros dependendo de se é neno ou adulto e despois hai que alugar un arnés , sobre 4 euros. A experiencia paga a pena. Deixámosvos acceso ás imaxes do evento clicando na cámara fotográfica.
|
|||