CHEGOU O ENTROIDO 2011 AO CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ

UN ENTROIDO DE CONTOS


 



O venres, 4 de marzo de 2011 celebramos no noso cole a tradicional conmemoración de Entroido. Partindo do tema xeral acordado en reunión formal dos equipos de actividades complementarias e extraescolares o tema deste curso académico para o Entroido foi:  “personaxes de contos”.


O programa desta actividade foi o que sigue:




  • 13:00 h.- Preparación de disfraces nas aulas e "últimos retoques"


  • 13:20 h.- Saída das aulas e desfile no patio de arriba:

INFANTIL: Ratos coas flautistas de Hamelin.
1º Ciclo de Primaria:  Personaxes do Gato con botas.
2º Ciclo de Primaria: 3º- Mosqueteiros de Alexandre Dumas e 4º- Piratas da illa do tesouro de Stevenson
3º Ciclo de Primaria: Rebunbio de personaxes de contos multidisciplinares.



  • 14:00 h.- Xuízo ao presuntamente culpable Entroido (Xuíz, fiscal e abogado defensor de 6º) .


  • 14:10 h.- Execución da sentenza do tribunal, queima ou non!!!! ( Executará a sentenza se procede O Sr. Director)


  • 14:15 h.- Musical Blancaneves e os ananiños do alumnado de 6º.

  • 14:25 h.- Volta as aulas.


Deixamosvos unha mostra das imaxes na galería 


 


Clica na cámara para ver os disfraces e outras imaxes da festa