UN PROFUNDO VACÍO INUNDOU O NOSO COLE

Aínda ben non rematabamos de festexar no Centro o tradicional desfile de Antroido, con todos os nenos e nenas lucindo os seus disfraces, cando unha triste e inesperada noticia tallou de vez a ledicia e algarabia precedentes: fóisenos David Noche, alumno de 4ºB. 


 Levaba unha temporada, codo con codo cos seus pais, Nino e Mar, co ánimo elevado e co forte convencemento de repoñerse da súa enfermidade. Todos esperabamos que así fose e tiñamos moita esperanza de poder volvelo a ver metido de cheo na dinámica escolar diaria. Non puido ser. A vida, en moitas ocasións, produce enormes e dolorosas inxustizas. E esta foi unha delas.


 Xa non temos a David, entre nós. Outra estreliña que se nos apaga aquí, unha estreliña máis que nos alumea no ceo.


 David, non te esqueceremos, e para ti vai esta poesía:   


 Outra estreliña apagóusenos no Cole,
unha fonda tristura inúndanos de cheo.
A xente, apenada, mil bágoas bota
e sofre en silencio o triste momento. 


As aulas e o patio coa dor enmudecen,
e os nenos e nenas calados se quedan.
No cole entoamos unha canción triste
lembrando a David, que agora nos deixa.


Mais de pronto, no ceo, aparece un destello
brillando con forza, alumeando potente. 
Xuntouse coa outra sorrinte estreliña 
e agora, entre as dúas, relocen para sempre.