Para ler

Recomendacións verán

SELECCIÓN DE TEXTOS VERÁN 2020

Bo día, mouchiñas e mouchiños!!

Rematamos o curso e Merlín quixo deixarvos unha pequena selección de libros para que vos animedes a seguir lendo durante as vacacións. Non se daba decidido porque lle gustan moito os libros e non sabía cal poñer. Dende o equipo da biblioteca estivemos axudándolle e isto foi o que saíu.      Preme na foto para acceder ao pdf

Esperamos que pasedes un bo verán!! Ata a volta!!

28 DE XUÑO

DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTB

O 28 de xuño de cada ano celebramos o Día Internacional do Orgullo LGTB, tamén coñecido como Día do Orgullo Gai, que conmemora os disturbios producidos ese mesmo día pero do ano 1969 en Stonewall, un bar de Nova Iorque, onde a comunidade LGTB loitou contra a persecución dos homosexuais.

Este día ten como obxectivo a loita pola dignidade das persoas que forman parte do colectivo LGTB (Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais) celebrando eventos e marchas do Orgullo para continuar co movemento de libreación homosexual.

O símbolo máis extendido é a bandeira coas cores do arco da vella, que adoitan trasladarse á roupa, pelo, pel... convertindo estas celebracións en marchas moi coloridas.

Na aula virtual puidestes aprender cada día un pouquiño de historia, coñecer xente que dende hai tempo reivindica a liberdade de amar a quen cada un queira, libros que nos ensinan a respetar, comprender e empatizar cos demais ainda que non sintan as mesmas inquietudes. 

Aquí podedes ver unha selección de libros que tratan a diversidade, a tolerancia, o rol de xénero, a aceptación de un mesmo, a igualdade... Preme en cada imaxe para ver a ficha do libro ou un video.

 

 

 

     
       
       

O Papagaio de xuño 2020

Achegamos O Papagaio do mes de xuño

Botádelle un ollo que está moi interesante!!

 

 

O Papagaio de maio 2020

 Achegamos O Papagaio do mes de maio en versión dixital.

 

                                                        

Ricardo Carvalho Calero

Naceu en Ferrol no 1910. Foi mestre, filólogo, escritor e estudoso da nosa cultura. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, Catedrático de Lingua e Literatura Galega e membro da Real Academia Galega. 

Para os pequenos da casa... 

 

A editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas, nesta ocasión dedicado a Ricardo Carvalho Calero. As miñas primeiras Letras Galegas é unha colección de comics dos Bolechas no que cada volume está dedicado a un homenaxeado/a o Día das Letras Galegas. 

Nesta obra faise unha adaptación-introdución duha das súas obras: "Scórpio".

Podedes acceder ao seu contido premendo na imaxe.

 

Por outra banda, a editora Lela achéganos a vida de Ricardo Carvalho Calero en formato cómic.

Unha lectura moi amena e interesante cunha serie de actividades ao final que nos axudan a afondar na obra deste gran persoeiro.

Podedes atopalo xa nas librerias físicas e online.

 

 

Tamén escribiu poemas, obras de teatro, narrativa ou ensaio (Historia da literatura Galega Contemporánea, obra na que traballou 10 anos) 

Aquí podedes ver as portadas dalgúns dos seus libros

 

O Papagaio abril 2020

Achegamos a versión dixital deste mes de abril do Papagaio

Préstamo de obras en formato electrónico

Non tés carné de biblioteca? Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

Libros para descargar en pdf

Nesta páxina tendes libros para descargar en pdf, para que o tempo na casa se faga máis entretido.

 

Alternativa da editorial Palabras Aladas:

Oferta de bibliotecas escolares:

 

 

Os amigos de Baía Edicións tamén nos ofrecen títulos para descargar

Día da poesía

O 21 de marzo foi o día da poesía. Merlín estivo elixindo uns poemas para celebralo. Que vos parece se buscades tamén algún e o compartides nos foros dos vosos cursos?

Non esquezades escribir o autor ou autora e a obra onde foi publicada.

 Dúas cunchas 

negro-azuladas

protexen a carne 

da cor da laranxa.

 

Nunha batea

poden medrar

ou moi agarrados

ás rochas do mar.

 

Aínda que semellan

unhas castañolas

están moi ricos

fervidos en olas.

 

Tamén están bos

á vinagreta

sendo sinxela

esta receita.

 

Non se despegan

do barco pirata

as cunchas ao casco

están abrazadas.

María Canosa (Acuario)

 

Miña casiña de pedra,

casa de tódolos días,

onde os fumes soben altos

como as miñas alegrías.

 

¡Tal brinquei polo tellado,

corrín polo corredor,

enredei por entre as hortas

que enverdecen o arredor!

 

Miña casiña de pedra,

portas e ventás pintadas,

caraveleiras de cores

aloumiñando as entradas.

Ana Mª Fernández

(Ondas de verde e azul)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Recomendacións da biblioteca

      Ola!

      Merlín non quere que vos aburrades nestes días de cuarentena así que estivo mirando pola rede e atopou estas páxinas onde podedes atopar lecturas interesantes e xogos para todas as idades.

 

      www.kalandraka.tv/gl/index.php

      http://bit.ly/Edelvives_Tatum

      http://bit.ly/Cerebriti_Edu

      http://bit.ly/smile_learn

      https://weeblebooks.com/es

      https://www.muchoscuentos.com/

      www.oqo.es/gl/dixital/filmes

      https://librosgeniales.com/

      

             Moito ánimo a todos e a todas!!!!